Non hai dúbida acerca dos innumerables beneficios (maior produtividade, aforro de custes, incremento da flexibilidade…) que a nube trouxo ás empresas, impulsando a súa transformación dixital.
Neste artigo imos falar dos tipos de nube que existen. Actualmente, existen catro tipos de nube: as públicas, as privadas, as híbridas e as multiclouds.
Cada unha delas responde a necesidades diferentes e é necesario coñecer as súas características para saber cal é a opción que máis se adapta aos nosos obxectivos.
- A nube pública é un tipo de almacenamento que está aberto ao público e require pouco control por parte do administrador. Pódese acceder en liña por calquera persoa autorizada e adoita ser gratuíto, debido ao seu baixo custo e ao baixo nivel de mantemento que require. Por outra banda, todas as nubes convértense en públicas cando as contornas se dividen e redistribúen entre varios usuarios. Entre os exemplos máis utilizados deste tipo de servizo atópase: Google Drive, Microsoft OneDrive, DropBox, pCloud, Box, Amazon Drive entre outros.
- As nubes privadas caracterízanse por cubrir as necesidades dun usuario exclusivo ou grupo final, é dicir, diríxense a un cliente en particular con acceso illado. Este tipo de almacenamento na nube pode ter dous formatos: on-premise (no mesmo lugar físico de quen o usará) ou aloxado externamente. O servizo privado conta cunha gran vantaxe a nivel de seguridade respecto ao público: a localización dos datos atópase dentro da propia empresa.
- A nube híbrida combina dous tipos de almacenamento: en nube pública e privada. Neste caso, o usuario é propietario dunha parte dos seus datos e comparte outra. Esta opción permite ás empresas personalizar funcións e ter maior flexibilidade á hora de adaptarse mellor ás súas necesidades e recursos. Ademais, é máis económico que ter so unha nube privada. En termos xerais a estratexia de nube híbrida é a preferida polas empresas.
- O modelo multicloud, é unha solución que combina polo menos dous provedores de nube pública ou privada, e que poden estar ou non integrados entre si, ou con outras palabras, é unha solución cloud que permite utilizar varias nubes (públicas ou privadas) proporcionadas por máis dun provedor. Actualmente, este modelo de almacenamento é o máis utilizado en empresas que buscan maior seguridade, flexibilidade e redución de custes.
A túa empresa, necesita asesoramento neste aspecto? podes solicitalo, sen custe, a través do formulario do Igape Responde.