A dixitalización do sector minorista logra aumentar as súas vendas en España un 9,5% respecto ao mes de marzo; así se reflicte no último informe do Índice Xeral do Comercio Minorista do INE.
Os datos falan con claridade e as empresas que invisten en tecnoloxía e en dixitalización obtiveron mellores resultados en vendas que aquelas que non o fixeron; e é que o impulso tecnolóxico permite aos pequenos negocios adaptarse aos cambios que se producen nos hábitos de compra, ampliar o alcance e tamén mellorar a experiencia das persoas que optan polos nosos produtos ou servizos.
Os expertos advirten que a tendencia cara á venda híbrida vai manter, isto tradúcese nunha combinación da experiencia de compra en liña e en tenda física. Polo tanto, as empresas que saiban adaptarse a estes cambios terán máis éxito no mercado.
Pero cales son as vantaxes que me ofrece dixitalizar o meu negocio?
A transformación dixital é imparable e da súa man chegan varios beneficios. Neste artigo repasamos algúns dos máis destacados:
-Pon fin ás esperas de clientes. O feito de contar cunha páxina web ou unha aplicación facilita o día a día dos negocios nos que é necesario reservar unha cita, por exemplo, os salóns de peiteado. Se os nosos clientes poden ver nunha imaxe cal é a nosa dispoñibilidade, terán a capacidade de decidir que oco lles vai mellor sen a presión de ter que decidir rápido. Por outra banda, vas liberar ás túas persoas empregadas de atender chamadas que adoitan alongarse. Ademais, se tes un negocio de restauración, o feito de contar con carta dixital evita que os camareiros dediquen tempos aos desprazamentos para ir buscar estes menús.
-Poderás adoptar as decisións en base aos datos. A dixitalización posibilita adoptar decisións máis conscientes sobre o teu negocio. Por exemplo, as solucións dixitais permiten dispoñer de informes sobre os momentos de maior afluencia, os produtos ou pratos máis demandados, funcionamento das promocións, etc… Todo iso achega unha información valiosa que podes utilizar, por exemplo, para promocionar aqueles artigos que teñen menos saída. Mesmo se tes un restaurante e ves que tes un produto que debe ser consumido en breve, podes crear unha promoción especial para evitar tiralo; anima aos teus clientes a que se decidan por ese prato!
-Aforrarás custos. Non só optimizando os teus procesos e evitando a duplicidade de tarefas; tamén evitando comisións de terceiros. Por exemplo, podes optar por formas de pago propias, como Glop Pay, que che permite prescindir de datáfonos suxeitos a tarifas bancarias. Tamén podes dispoñer da túa plataforma de pedidos en liña, sincronizada co teu negocio físico, e independente de intermediarios como Just Eat ou Glovo. E ademais, se contas con repartidores propios, poderás xestionar os roteiros e facer un seguimento ao detalle de cada pedido.
En definitiva, a a transformación dixital permite ás empresas mellorar as decisións de xestión, aumenta a competitividade e a rendibilidade dos procesos. Coa implantación de novas ferramentas tecnolóxicas, os negocios son máis efectivos e poden facer máis tarefas en menos tempo por tanto os beneficios son inmediatos!
Precisamente ata o 5 de XULLO temos aberta a nova convocatoria das axudas á dixitalización industria 4.0. Hai unos días, celebramos un evento virtual no que explicamos todos os detalles. Podes velo nesta ligazón.
Se buscas apoio para o teu negocio neste ámbito, podes pedilo a través do noso formulario.