Queres o máximo rendemento do teu persoal? Cambia o chip, se flexible

Non hai fórmulas máxicas para lograr o máximo rendemento dos cadros de persoal porque cada negocio é un mundo. Con todo, as empresas poden poñer en práctica accións destinadas a conseguir que os seus equipos estean moito máis motivados, o que, sen dúbida, favorecerá a produtividade. Estas son algunhas claves para conseguilo:

 

  1. O gran desafío da xestión de persoas

Os anos 2020 e o 2021 supuxeron un gran desafío en todas as áreas profesionais, tamén na xestión de Recursos Humanos. As empresas víronse obrigadas a cambiar para sobrevivir á pandemia, adaptáronse, transformáronse, adquiriron novos hábitos. A dixitalización entrou en case todos os procesos e departamentos, independentemente do sector e actividade.

Coa crise sanitaria, termos como teletraballo, zoom ou webinario chegaron para quedar. Asistimos á consolidación desa aprendizaxe e a empresa que non se poña as pilas vaino ter moi complicado, porque case nada é como antes.

 

  1. Que necesitan as empresas?

 As empresas deben lograr algo que na práctica é moi difícil: atraer talento e para facelo é fundamental convencer, gustar, ser atractivas. E é que para saír fortalecidas das crises, as empresas deben ser dinámicas e áxiles e con capacidade de resposta rápida e adaptación ao cambio. Por esta razón, os perfís que necesitan son cada vez máis técnicos. Neste novo escenario hai seis fortalezas moi valoradas:

-Disciplina

-Resilencia

-Tolerancia ao estrés

-Toma de iniciativa (proactividade)

-Liderado

-Empatía social

 

  1. Que buscan as persoas?

As persoas con talento que teñen unha alta disposición a cambiar de traballo fano por dous motivos principais: mellores condicións laborais e máis flexibilidade. Polo tanto, as ofertas económicas non sempre son a causa fundamental para fichar por outra empresa. Con todo, diversos estudos revelan algo que se palpa na rúa: o desaxuste entre as empresas e o mercado laboral.

Así, segundo un recente estudo publicado pola empresa Manpower sobre o Desaxuste de Talento en España e a nivel global:

  • A zona con peores resultados é o noroeste (Galicia, Asturias e Castela e León) con case 9 de cada 10 empresarios (88%) reportando dificultades para atopar o talento coas habilidades que necesita.
  • O desaxuste de talento en España crece 15 puntos en só un ano; do 65% reportado en 2021, ao 80% de 2022. É o peor dato dos últimos 12 anos.
  • Banca, finanzas e seguros teñen maiores dificultades para atopar o talento que necesitan (85%), seguido de Comercio e Información, Tecnoloxía e Telecomunicacións, ambos cun 82%, e Construción (81%).
  • A nivel mundial, o desaxuste sitúase no 75%. Taiwan reporta os datos máis preocupantes (88%), seguido de Portugal (85%).

 

  1. Como atraer o talento?
  • Cumpre a normativa laboral para facer atractiva a túa empresa. A precariedade non é a mellor forma de conseguir traballadores contentos. Respectar os horarios, salarios axustados ás tarefas e competencias estipuladas no contrato, cumprir coa prevención de riscos ou dispoñer de medidas de protección fronte ao acoso son cuestións esenciais. A sustentabilidade ou valores como a igualdade, diversidade tamén son moi valorados.
  • Mantén a orde: evita o caos! Os organigramas son importantes. Cada traballador debe de coñecer o seu rol, as súas funcións, responsabilidades, e xerarquía. Así se evitarán problemas e axudará á dirección para delegar na persoa apropiada. Os perfís de posto forman un papel fundamental.
  • Xestiona ben o tempo: as reunións deben ser eficientes e convocadas coa antelación suficiente para que o equipo se organice, cunha orde do día claro. No mercado existen ferramentas tecnolóxicas que nos poden axudar a mellorar dunha forma áxil e sinxela a organización e a xestión do persoal. Os portais de emprego son un exemplo.
  • Revisa os procedementos internos para mellorar a eficiencia e conseguir organizacións áxiles.
  • Traballa todos os días a motivación: Dentro do organigrama, o líder ten unha tarefa fundamental: motivar ao seu equipo. En resumo, para ser unha empresa áxil e dinámica temos que poñer o foco nas persoas dándolles estabilidade laboral, orde e motivación todos os días e traballando habilidades persoais para lograr colaboradores empáticos, disciplinados, resilientes e con iniciativa para que dean o mellor de si.

Buscas asesoramento gratuíto para a túa empresa en todas estas cuestións? Só tes que cubrir o formulario da nosa web.  

 

 

 

Categorías: Artigos.