Que pasos sigo para migrar á nube?

Cando falamos da nube, referímonos ao almacenamento de toda a información e datos na internet, no canto dun disco duro local.

Cada migración é diferente en función dunha variedade de factores, como a madurez da aplicación, o nivel de complexidade da infraestrutura ou o nivel de competencias do equipo de TI.

Como unha guía xeral, cada migración incluirá dalgunha forma os seguintes catro pasos que se comentan a continuación. Seguilos é importante para evitar tomar decisións incorrectas en canto á tecnoloxía e a metodoloxía ou a atoparse con sorpresas durante o proceso de migración.

  • Paso 1: Planificar e avaliar. Estudar todo o ambiente, incluso as dependencias, os servizos, as aplicacións e a configuración dos servidores físicos e virtuais. Rexistrar todo, incluso as implementacións de TI invisible e os recursos de terceiros que poderían complicar a migración se non se teñen en conta de maneira axeitada.

 

  • Paso 2: Deseñar. Identificar as aplicacións candidatas, as bases de datos, o almacenamento e os servidores físicos e virtuais listos para a nube. Compilar os SLA (acordo de nivel de servicio, en inglés, Service Level Agreement), as dependencias, as necesidades das persoas usuarias e os requisitos de compliance e seguridade. Preparar plans de continxencia e de restauracións para responder aos peores escenarios ou cancelar a migración de ser necesario. Reunir recursos para a migración e o mantemento continuo. Documentar un roteiro de migración preliminar para os elementos candidatos.

 

  • Paso 3: Poñer a proba a migración. Resolver os problemas que xurdisen durante o deseño. Completar o equipo a cargo da migración, incluíndo tanto a membros técnicos como comerciais e establecer actividades ao redor da comunicación e a capacitación. Programar unha migración piloto, en función do seu deseño, nun ambiente que non sexa de produción e abordar calquera problema que xurda durante a proba piloto. A partir deste simulacro, desenvolver un runbook (rutina de compilación dos procedementos e operacións realizados polo administrador ou operador do sistema) que documente o proceso (requisitos previos á migración, requisitos do ambiente de produción, protocolos de proba posteriores á migración e normas que establecen cando facer a transición e cando facer o lanzamento).

 

  • Paso 4: Migrar. Programar a migración. Considerar a posibilidade de programala durante un período con baixa actividade, como as fins de semana, pola noite, durante as vacacións ou en calquera outro momento que xere o menor impacto posible no caso de que haxa unha interrupción das actividades ou problemas de rendemento durante a migración. Seguir o runbook para levar a cabo a migración. Despois de facer a transición e do lanzamento, realizar unha validación posterior á migración das aplicacións, os datos e a rede. Solucionar os posibles erros, as interrupcións do servizo, as anomalías dos datos ou os problemas de rendemento. Se non se pode solucionar rápido os problemas principais, minimizar o impacto e implementar unha restauración para investigar que saíu mal e volver programar a migración.

Se a túa empresa necesita asesoramento neste ámbito, podes solicitalo, sen custe, a través do formulario do Igape Responde.

 

Categorías: Artigos.