Que é o aprazamento dun pago con Facenda? Como facelo

Retrasar o pago das débedas tributarias é unha opción posible cando se teñen dificultades económicas.

Existe a posibilidade de solicitar o aprazamento para case todos os impostos: liquidacións do IVE, Imposto de Sociedades, de Sucesións e tamén na declaración da renda.

Con todo, que custe ten realizalo? Como é o proceso para facelo?

A estas e outras cuestións respondemos o MÉRCORES, 3 de maio, a partir das 12 horas. Facémolo da man do coordinador do ámbito Financeiro do Igape Responde, Rafael Martínez – Carrasco.

Categorías: Artigos.