Propósito, valores, misión e visión do negocio. Por onde empezo?

O escritor e motivador Simon Sinek dixo “People don’t buy WHAT you do, they buy WHY you do it” (a xente non compra QUE fas, compra POR QUE o fas). Empezar por definir estes conceptos, axuda a entender o significado desta frase:

  • O propósito define “por que” existe a empresa. É unha visión idealista do que queres ser para teus clientes.
  • A visión fala do que quere chegar a ser a empresa. Se cumpres co propósito, valores e misión, onde crees que estará a empresa nos próximos anos?
  • A misión define o que ten que facer a empresa para conseguir os seus obxectivos.
  • Os valores falan da ética que usarás para chegar ao destino que tes pensado para a empresa.

O propósito non debe ser confundido coas metas ou estratexias de negocio: podemos lograr unha meta ou desenvolver unha estratexia e, aínda así, non alcanzar o propósito da organización. O propósito é a estrela polar que inspira a todas e todos na organización.

O propósito dunha empresa é a súa razón permanente de existir. Sen un propósito só tomaremos decisións cun beneficio a curto prazo. A estratexia por si mesma non é suficiente sen un propósito. O propósito debe marcar un rumbo, unha dirección, e debe ser claro e conciso. O propósito debe ser a principal guía da compañía.

Sinek ideou o que se coñece como “o círculo dourado”: WHY, HOW, WHAT. Primeiro defínese o PORQUÉ (WHY), logo o COMO (HOW) e por último o QUE (WHAT).

As organizacións funcionan nestes niveis:

  • QUE facer. Produtos ou servizos que una empresa vende, ou as funcións que desempeña dentro dun sistema. Como materializar a Proposta de Valor
  • COMO facer o que fan. Proposta de Valor diferenciadora
  • POR QUE facemos o que facemos. Cal é túa finalidade ou motivo? cal é a razón fundamental que te impulsa?

A clave do “círculo dourado” é:

  • Claridade no Porque. Saber por que fas o que fas.
  • Disciplina no Como. Como son os valores  que orientan como facer realidade a túa causa. Para que os valores ou principios reitores sexan realmente eficaces teñen que ser locucións verbais.
  • Coherencia no Que. Os Que son o resultado de todo o que dis e fas.

En canto á Visión, este é un elemento chave para o desenvolvemento e crecemento dunha empresa; a través dela defínese o futuro desexado para a organización.

A visión empresarial debe ser futurista, clara, visible e audaz, e proxectarse a longo prazo. A importancia da visión radica en que é unha fonte de inspiración para o negocio, representa a esencia que guía a iniciativa.

As principais vantaxes que ten o establecer unha visión son:

  • Incentiva a que todos os colaboradores realicen accións conforme ao que indica a visión.
  • Potencia a seguridade ao ter unha guía fiable.
  • Inspira e motiva aos membros da empresa.
  • Dá identidade e personalidade á empresa.
  • Cimenta a base para a cultura organizacional.

Unha declaración de visión efectiva debe contar coas seguintes características:

  • Ser clara, entendible e fácil de seguir para todos as e os membros da empresa.
  • Ser breve.
  • Ser positiva, atractiva e inspiradora, capaz de promover o sentido de identificación e compromiso de todos as e os membros da empresa.
  • Ser desafiante e ambiciosa, pero á vez factible e realista, tendo en conta a contorna, os recursos e a capacidade da empresa.
  • Estar aliñada e ser coherente cos valores, os principios e a cultura da empresa.
Categorías: Artigos.