Os Key Performance Indicator (KPI) ou Indicador Clave de Desempeño, como utilizalos?

Todas e todos escoitamos falar dos Key Performance Indicator (KPI), pero…

Que é un KPI en castelán (ou galego)?

Un KPI é un Indicador Chave de Desempeño, nunha frase: as métricas que se observan para ver se os procesos desenvoltos no noso proxecto ou actividade foron eficaces ou non.

E para que serven?

Ao ver métricas resumo da eficacia das nosas accións podemos tomar decisións de como seguir desenvolvendo o noso proxecto ou negocio dunha forma o máis axeitada posible.

Que características deben ter os KPIs?

Para que sexan realmente útiles, os KPIs seleccionados deberían reunir as seguintes características:

  • Estar vinculados aos obxectivos da empresa. Van permitirnos saber se estamos realmente cumprindo os nosos obxectivos.
  • Ser medibles de maneira cuantitativa. É dicir, deben poder ser expresados de forma numérica.
  • Ser alcanzables. Teñen que adaptarse á realidade da empresa.
  • Ser relevantes. Deben ofrecer información que realmente contribúa á toma de decisións.
  • Ser comparables. O obxectivo é que se poida facer un seguimento deles ao longo do tempo, incluso (sería o ideal) respecto a outras empresas do noso sector.

Exemplos de KPIs

A continuación incluiremos algúns exemplos de KPIs por áreas de negocio:

  • KPIs de vendas

Nivel de facturación

Nivel de compromiso e motivación do equipo comercial

Satisfacción dos clientes

Número de visitas pechadas

  • KPIs de loxística

A loxística representa un elevado custo ligado á fabricación e comercialización dos produtos en certo tipo de empresas (por exemplo, empresas industriais, empresas de retail…).

Prazo de aprovisionamento

Custo do transporte sobre vendas

Entregas a tempo

Rotura de stock

  • KPIs de produción

Estes indicadores están moi relacionados cos de loxística e son fundamentais para favorecer a mellora constante dos procesos de produción de calquera empresa.

Horas traballadas en produción

Tempo de inactividade

Taxa de rexeitamento

Custo medio da orde de compra

Tempo de ciclo de produción

  • KPIs financeiros

Estes KPIs miden o crecemento, redución de custos, aumento de beneficios e a boa utilización dos recursos da empresa.

ROI (Retorno do investimento)

Punto de equilibrio

EBIDTA (Earnings Before Interest, Taxes, Depreciation, and Amortization)

Apalancamento financeiro

  • KPIs márketing dixital

Estes KPIs serven para medir o rendemento das operacións destinadas a conseguir leads (clientes potenciais), conversións en cada campaña en liña, etc.

Tráfico á web

Usuarios recorrentes e novos usuarios

Tempo de permanencia na páxina web

Taxa de rebote

Leads conseguidos

Subscritores

Número de seguidores nos perfís sociais

  • KPIs retail

Consisten en indicadores que miden a evolución das vendas e as variables con elas relacionadas.

Cociente de conversión

Número de visitas

Horas con maior tránsito

Vendas por visita

Tícket medio

Grao de satisfacción

Por último, sinalar que a parte máis difícil dos KPIs non é entender o que son, senón aplicalos á nosa actividade dunha forma axeitada. Hai que coñecer ben o noso proxecto, as nosas actividades e obxectivos, para saber que Indicadores Chave de Desempeño medir, se os resultados son significativos, se posúen fiabilidade e validez, etc.

Algunha información xa publicada no Igape Responde que pode ser de interese:

A que se lle chama KPI?

Existen indicadores estándar que deben ter todas as organizacións?

Definir e xestionar metas do meu negocio: método OKR

 

Categorías: Artigos.