Os comerciantes poden solicitar, ata o 28 de marzo, axudas para páxinas web e para adquirir de equipamentos

Os comerciantes e artesáns galegos poden solicitar axudas para impulsar a dixitalización dos seus negocios.  A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 3 millóns de euros á convocatoria, cuxa presentación de solicitudes está aberta ata o MARTES, 28 de marzo.

 

Quen se pode beneficiar dos apoios?

As pemes comerciais de menos de 20 traballadores e obradoiros artesáns. O obxectivo é apoiar ao sector comercial e artesán para que aproveite as oportunidades tecnolóxicase e poida achegarlle ao cliente unha experiencia de compra personalizada. Cunha intensidade de axuda do 80% do investimento subvencionable, a convocatoria conta con dúas liñas de actuación:

A primeira delas céntrase na dixitalización, e inclúe diferentes tipos de apoio en función do desempeño previo dos beneficiarios neste eido, do número de empregados e se teñen ou non tenda física.

Entre as actuacións subvencionables inclúense a implantación de páxinas web e a adquisición de equipamentos informáticos; ferramentas de posicionamento dixital; loxística para o comercio electrónico; sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda e de control de acceso; así como xestores de redes sociais e o mantemento da páxina web, entre outros aspectos. O importe máximo das axudas que se poden obter neste apartado é de 17.600 euros.

Por outra banda, a través da liña de modernización pódense obter apoios de ata 5.600 euros para a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.

En total, este ano destínanse 24 millóns de euros a impulsar a competitividade do sector comercial e artesanal; crear un hub de innovación comercial e artesanal para desenvolver novos modelos de negocio e mellorar a competitividade do sector; así como impulsar a formación e capacitación para os profesionais deste ámbito, entre outros aspectos.

As medidas, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, súmanse aos apoios doutros departamentos da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, como é o caso do Igape – Instituto Galego de Promoción Económica. Precisamente o Igape ofrece asesoramento gratuíto e en liña a persoas autónomas, e emprendedoras e empresas en ata 7 ámbitos diferentes.

Categorías: Artigos.