Organigrama empresarial. Que é e por que o necesito? Ordenando o capital humano das pemes

Se es unha peme e aínda careces dun organigrama empresarial, estás a cometer un erro que debes emendar. En realidade, un organigrama non é máis que un esquema claro, sinxelo e detallado da organización da empresa e unha ferramenta fundamental para ser eficaz e produtivo no negocio.

 

Cantos traballadores teño que ter para deseñar un organigrama?

Non importa que na túa empresa haxa poucos traballadores e departamentos, tampouco é esencial contar cunha lista interminable de postos intermedios entre a dirección e o resto do persoal. Os organigramas son tan necesarios nas pemes como nas multinacionais. Aquí o tamaño non importa, só os obxectivos que se pretenden alcanzar co mesmo: organizar, planificar e axilizar.

 

Como mellora a miña empresa se diseño un organigrama?

 Entre os principais obxectivos dos organigramas destacan:

  1. Axuda a planificar: ao presentar de forma clara e obxectiva a estrutura xerárquica da empresa,
  2. Permite axilizar os procesos xa que mellora a organización interna.
  3. Mellora a coordinación entre departamentos: a xestión interna sairá gañando. Esquematizar permite despexar dúbidas e contribúe a una maior comunicación entre os departamentos. Redúcese a invasión de competencias porque estas están claramente estruturadas e á vista de todos os empregados.
  4. Conseguimos unha comunicación máis fluída reduce as posibilidades de fallar: detéctanse erros tan comúns como a duplicidade de tarefas, que restan produtividade.
  5. Detectar problemas: un organigrama ben elaborado é unha magnífica ferramenta para mellorar a competitividade e detectar problemas na cadea de mando.
  6. Actualizacións do sistema de persoal: convértese nunha ferramenta moi útil para realizar plans e/ou programas administrativos ou para implementar sistemas de persoal, actualización de salarios, establecer sistemas de retribución variable, teletraballo, traballo flexible, etc.
  7. Axuda a definir mellor os obxectivos xerais e concretos en cada departamento e facer un seguimento.
  8. O organigrama permite analizar de maneira ordenada cada unha das estruturas da organización.
  9. Facilita a elaboración dos Plans de Formación.

 

Quen o fai?

Normalmente elabórao a xerencia ou o departamento de Recursos Humanos. É importante contar con axuda externa especializada que aporten coñecemento e experiencia para a súa elaboración.

 

Como se realiza e que debe incluír?

Debe realizarse da maneira máis sinxela posible e interpretarse con facilidade, tanto a nivel interno como externo. Hai distintos modelos de organigramas segundo o que queiras destacar: contido, estrutura finalidade… e, polo tanto, de distintos tipos. Así, elabóranse organigramas xerais, específicos, verticais, horizontais, mixtos, circulares, informativos e analíticos, entre outros.

 

Por que necesitamos un organigrama o redefinir o actual neste momento?

 Se ben moitas pemes conseguiron adaptarse e seguir funcionando en tempo récord, a crise puxo de manifesto carencias na xestión do capital humano. Problemas de coordinación, comunicación e planificación nas pemes.

Dende a alta dirección ata os mandos intermedios e resto dos traballadores deben ter claras e por escrito FUNCIÓNS, RESPONSABILIDADES, TAREFAS, DEPENDENCIAS XERÁRQUICAS. A orden nos recursos humanos das empresas é fundamental e especialmente importante nestes momentos de incertidume, para adaptarnos rápidamente a un entorno cambiante.

O ORGANIGRAMA E UN DOCUMENTO VIVO: E importante adaptar os organigramas as necesidades actuais das pemes. Ordenar o capital humano cara á nova situación e imprescindible para fortalecer a estructura interna, mellorar a comunicación, detectar  oportunidades comerciais e de mellora, e seguir medrando dun xeito ordenado.

 

 

Categorías: Artigos.