Falar en público é unha das habilidades brandas máis recoñecidas no século XXI. Con independencia do contexto persoal, social ou profesional no que produza a charla, dominar a palabra falada é imprescindible para comunicar con eficacia.
A covid-19 modificou a forma de informarnos, relacionarnos e comunicarnos. As restricións á mobilidade que sufrimos dende a presenza do coronavirus nas vidas de todas as personas fomentaron o traballo remoto, traballo a distancia ou teletraballo. Un sistema de organización de traballo que precisa un procesamento electrónico da información e o uso de tecnoloxías innovadoras.
Un achegamento dixital acelerado que adoptaron empresas de múltiples sectores de actividade, e aplican en todo tipo de reunións e encontros profesionais en variados formatos.
A palabra expresa, informa, convence, alegra, entretén, suxire, emociona, seduce, enfada, motiva, orienta, conecta, transforma… É portadora de sons con significado concreto, a expresión oral duns propósitos e un vínculo eficiente das relacións humanas.
A palaba falada exerce influencia no comportamento de quen a escoita. É a ferramenta máis efectiva para desenvolver relacións profesionais, e estreitar as relaciones sociais.
Para conectar co público a través da pantalla dun dispositivo electrónico é necesario ofrecer unha mensaxe clara e emitida con convicción, a nivel verbal e non verbal. E mirar á audiencia. Si, a través da pantalla é posible facelo, o segredo está en dirixir a vista cara á cámara cando se fala e mirar á pantalla cando se escoita.
Variar o ton de voz, diminuir a velocidade á que habitualmente se fala, amosar fluidez, imprimir ritmo e entoación ás palabras, reforzar as expresións faciais, apoiarse de forma delicada nos movementos das mans, manterse quieto no asento e gozar da intervención convirten a un orador nun orador singular.
Expoñer, argumentar, debater, motivar, comentar, entreter… Con independencia dos motivos que xeren a exposición, o público de interese, o obxectivo que se pretende conseguir coa plática ou, entre outros factores, o momento no que se produza, arrincar e finalizar a exposición con garra atrapa o interese, mantén a atención e fomenta o recordo. Tres finalidades de toda exposición oral pública que caracterizan a toda intervención.
Na pantalla é preciso ofrecer unha mensaxe sintética, precisa, concreta e completa. Expoñer con confianza, seguridade e naturalidade. Conectar coas necesidades das persoas que compoñen a audiencia e, sempre que sexa oportuno, contar unha historia.
A naturalidade, a paixón e a humildade crean realidades.
Ao dominio da comunicación a través dunha pantalla súmanse dispoñer dun espazo de traballo que conte co material e as ferramentas adecuadas, establecer horarios e rutinas de traballo, crear grupos e vías de comunicación, ser disciplinado e organizado.
Contaxia emoción coa túa comunicación!
Se buscas asesoramento, sen custe, para mellorar esta competencia, só tes que solicitar a través do Igape Responde.