Onde atopo as axudas e subvencións dispoñibles?

Neste artigo repasamos as principais fontes de información sobre axudas e subvencións da Xunta de Galicia.

O Igape – Insituto Galego de Promoción Económica pon á túa disposición axudas destinadas á creación, consolidación e crecemento do teu proxecto (subvencións, avais…). Na súa páxina web podes acceder a toda a información:

Na metade da páxina atopas botón que pon Buscar, e facendo clic nel poderás ver todas as subvencións dispoñibles, incluso as que están xa pechadas,n función do que escolleras (opcións: vixentes, pendentes, derrogadas, todas).

Nesta mesma web podes descargar o Mapa de Apoios do Igape para este ano, que ven sendo un resumen de todas as subvencións e apoios que hai o longo do 2023:

Tamén podes darte de alta no Sistema de subscrición de avisos da Xunta de Galicia na seguinte ligazón, para recibir diversos avisos:

Neste formulario, no apartado Axudas, becas e subvencións, podes escoller as áreas temáticas ás que desexas subscribirte (Escolles: Economía, empresa e emprego) ou por colectivos (Escolles: Empresas e profesionais), e a forma de recibir os avisos (Mensaxe SMS ou Correo electrónico – recomendamos correo electrónico). Se fas esta selección cada vez que se publique unha axuda, bolsa ou subvención recibirñas un correo electrónico cunha ligazón para vela.

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación dispón dunha serie de axudas e subvencións (en múltiples áreas: comercio, consumo, industria…) que se poden consultar no seguinte enlace:

A páxina anterior permite acceder tamén á Sede Electrónica da Xunta de Galicia, e consultar dende alí todos procedementos e servizos vinculados con axudas e subvencións de toda a administración pública galega:

Nesa sede electrónica pode consultar as axudas e subvencións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e tamén podes acceder a dita información a través do seguinte enlace:

A GAIN (Axencia Galega de Innovación) é a axencia pública autonómica que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación. Na seguinte ligazón recóllense todas as axudas dispoñibles:

Por outra banda, o INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) na súa páxina web dispón dun listado de todos os apoios e subvencións en materia de aforro e eficiencia enerxética e enerxías renovables:

Animámoste a consultar todas estas fontes de información sobre axudas e subvencións da Xunta de Galicia para atopar aquel apoio que poida ser do seu interese.

E se tes algúna dúbida ao respecto, podes consultarnos a través do Igape Responde.

Categorías: Artigos.