O  Renting como ferramenta de planificación na miña xestión empresarial

Ao realizar unha revisión sobre a utilidade do  renting na xestión financeira da empresa, debemos iniciar coa súa definición como contrato polo que a empresa de  renting obrígase a poñer ao dispor do cliente un activo en réxime de arrendamento  e por un prazo de tempo determinado.

Pola súa banda, o cliente obrígase ao pago dunha renda periódica, renda que inclúe o uso do ben, así como os gastos de mantemento e seguro que cubra posibles sinistros ao mesmo. O  renting é por tanto unha fórmula que combina financiamento con contratación de servizos.

Aconséllase a súa utilización para acceder a equipos informáticos de última xeración, así como a equipos de transporte, elementos caracterizados pola súa rápida obsolescencia ou cando non haxa unha intención de adquirir o ben finalmente.

O seu funcionamento é sinxelo:

  1. a) O solicitante selecciona un activo (maquinaria, instalación, etc.) que precisa para o seu funcionamento.
  2. b) A empresa de renting adquire o ben seleccionado ao provedor e contrata tanto o mantemento como o seguro do mesmo. Nesta situación o pon ao dispor do solicitante mediante a firma dun contrato
  3. c) O solicitante comprométese a abonar á empresa de renting cotas periódicas de alugueiro pactadas no contrato durante o prazo de tempo definido no mesmo.

Pero ao abordar as súas vantaxes é onde atopamos algúns aspectos interesantes desde a visión financeira, a saber:

  • Permite acceder activos sen necesidade de realizar desembolso inicial nin aplicar recursos financeiros á operación.
  • Mellora liquidez empresa.
  • Evita a obsolescencia dos bens. Permite unha mellor adaptación á evolución tecnolóxica dos equipos existentes no mercado, ou á evolución da propia empresa
  • As cotas de alugueiro abonadas son fiscalmente  deducibles no  IS na súa totalidade.
  • Os bens en réxime de renting non se incorporan ao balance da empresa, nin como inmobilizado nin como pasivo, polo que non implica inmobilización de recursos nin modifica a situación de endebedamento da mesma.
  • Trámites contables sinxelos.
  • Evita calquera controversia acerca da amortización do equipo xa que non é propiedade do arrendatario. De feito, a súa principal desvantaxe é que non existe opción de compra a favor do arrendatario ao finalizar o contrato de arrendamento.
  • A cota inclúe os custos asociados a un activo: formación, instalación, mantemento.
  • Non existe unha duración mínima para a celebración do contrato como en leasing pero aconséllase centrarse no medio prazo como máximo ou adecuarse á Vidal útil do activo.

Pero ademais hai que contemplar unha vantaxe adicional, que consiste na facilidade do seu control e planificación dado que as súas cotas son estables durante o contrato, e por tanto estaremos  linealizando os gastos de mantemento, seguro, repostos, etc ao longo da vida do mesmo evitando facturas inesperadas.

Os  rentings máis habituais son:  renting tecnolóxico,  renting de vehículos,  renting industrial,  renting de equipamento para proxectos de tempo determinado.

Se necesitas asesoramento, sen custe, podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Artigos.