O noso asesoramento quenta motores e prepara unha nova edición

O programa de asesoramento da Xunta, en liña e gratuíto, dirixido a dar resposta ás necesidades de empresas, persoas autónomas e emprendedoras volverá a dar servizo.

O Igape Responde, que ata o de agora ofrecía apoio nos ámbitos xeral, financeiro, negocio, operacións e persoas, emprendemento e axudas ao investimento, vaise actualizar durante este verán para poder dar a mellor resposta ao tecido empresarial galego.

Mentres tanto, seguirás recibindo no teu correo electrónico información de interese. Ademais, no momento no que activemos a terceira edición do Igape Responde, informarémoste a través do boletín, da nosa páxina web e das redes sociais do Igape.

Convidámoste a seguirnos! Estarás ao día de toda a información que necesitas:

Linkedin

Facebook

Instagram

Twitter 

YouTube

Categorías: Artigos.