A hostalería forma parte da nosa cultura e do noso xeito de vida: tres de cada catro españois afirma estar desexando que pase a pandemia para acudir máis a bares e restaurantes. É unha das conclusións do Estudio MAKRO sobre Hostelería e Consumidor. Este informe reflicte ademais que case o 70% da poboación di ter un bar ou un restaurante de referencia ao que adoita acudir con frecuencia.
Precisamente para axudar a este sector, un dos máis castigados polas limitacións sanitarias, o Goberno galego vén de aprobar unhas axudas para reformar, instalar ou adaptar as terrazas dos establecementos. A estas subvencións poderán optar bares, restaurantes, cafeterías ou salóns de banquetes e a solicitude deberá realizarse partir de hoxe mesmo, 4 de decembro, e ata o 28 de febrero de 2021. As actuacións subvencionables serán a instalación de elementos desmontables que sirvan de acoutamento do perímetro ou protección, así como outros elementos móviles, xa sexan toldos, biombos ou tarimas. Tamén haberá axudas para aqueles negocios que desexen instalar sistemas de iluminación ou aparellos calefactores. Por outra parte, inclúese a posibilidade de renovar o mobiliario (mesas, cadeiras ou xardineiras). Estas axudas cubrirán o 80% do investimento que realicen os autónomos e as pemes do sector que teñan menos de 50 persoas traballadoras. Para iso, cómpre realizar un gasto mínimo de 1.500 euros.
Por outra parte, o servizo a domicilio ou de recollida no local para o consumo no fogar está sendo un balón de osíxeno para moitos negocios, xa que é un xeito de seguir xerando ingresos. O contexto actual obriga a reinventarse e por ese motivo, a Xunta reserva tamén axudas para adquirir elementos de envasado e empaquetado. Tanto neste caso como no das subvencións para terrazas, trátase de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Os detalles poden consultarse na orde publicada onte no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Para solicitar as axudas, debe realizarse a través da oficina virtual de Igape.