Nos primeiros sete meses de funcionamento do Igape Responde, desde o programa Ámbito Persoas xa axudamos a máis de 1.000 autónomos e pemes. Esta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia xurdiu no seu día para apoiar e asesorar a dous colectivos vitais para a economía que, como consecuencia da emerxencia sanitaria e a crise económica na que estamos inmersos, deben adaptarse a un novo escenario. Contámosche que podemos facer por ti.
Servizo de consulta rápida
Porque os problemas non poden esperar, damos resposta a dúbidas legais e poñemos ao teu alcance solucións operativas relacionadas con temas cruciais no ámbito empresarial como os ERTE, mantemento de emprego, teletraballo, seguridade e saúde ou plans de continxencias.
Servizo de asesoramento en liña
Dispoñemos dun servizo en liña para asesorar aos usuarios en infinidade de cuestións prácticas como a xestionar o tempo no teletraballo; tamén dase apoio para mellorar a xestión dos equipos. Escoitar e apoiaraos colaboradores é fundamental para manter a saúde física e mental do persoal.
Outros dos servizos máis demandados polos usuarios consiste en traballar o autocoñecemento e as habilidades persoais e de liderado cun profesional para potenciar as competencias que permitan ao empresariado galego sair adiante nestes momentos tan críticos.
Non podemos esquecer tampouco aspectos como a importancia da comunicación online e offline porque saber comunicar é una habilidade básica que, ben traballada, permitirá a pemes e autónomos chegar moito máis lonxe. Neste sentido, coñecer as mensaxes clave para ofrecer os produtos e servizos a través dunha pantalla axudan a diferenciarnos, algo imprescindible nun mercado globalizado e agora tamén virtual.
O que antes valía, xa non serve para moitas empresas
Reinventarse á velocidade que o mercado marca pode resultar unha tarefa difícil sen o apoio externo dun profesional que che acompañe no teu novo proxecto. Axudarao empresario o autónomo a poñer o foco no importante (no servizo que ofrece ou o produto que vende ao seu potencial cliente) pode ser vital para a supervivencia do seu negocio ou da nova liña de negocio. É crucial acompañar ao usuario no proceso de elaboración dun novo plan de acción para que se centre no fundamental e chegue máis lonxe.
Por outra banda, é frecuente que os equipos que se atopan en situacións como o teletraballo ou están afectados por un ERTE perdan o sentimento de pertenza á empresa. De aí a necesidade de traballar o autocoñecemento, as fortalezas e debilidades do equipo e establecer un plan de acción.
Mellorar a imaxe da empresa
En moitas empresas, as enquisas de clima poden ser una ferramenta interesante para detectar a saúde laboral dos traballadores e anticiparse. Neste aspecto, estamos a facer un traballo moi importante de motivar a persoal en ERTE.Como? pois xerando proximidade, empatía e mellorando a imaxe da empresa.
Con todo, tamén nos atopamos o contrario: experiencias de empresas que viron crecer o seu negocio durante a crise, pero dunha maneira desordenada e necesitan ordenar os seus recursos, entre eles, o capital humano co fin de seguir crecendo dunha forma sólida. A redefinición de novos organigramas, novos perfís de postos adaptados ás novas necesidades das empresas son aquí esenciais.
Podemos resumir en tres as liñas de actuación:
– Retención de equipos e motivación
– Fortalecemento de competencias para un novo escenario
– Planificación laboral
Partindo destas tres liñas de actuación, cales son os resultados esperados?
– Mellorar a motivación, cohesión e compromiso do equipo
– Mellorar as capacidades do equipo e a organización da empresa.
– Manter ou mellorar a eficiencia da organización.
Que din os usuarios que participaron no programa Ámbito Persoas?
Máis de 1.000 autónomos e pemes galegos solicitaron xa o programa Ámbito Persoas. Estes son algúns testemuños:
“Melloramos as competencias interpersoais. No noso caso, creáronse novos mandos intermedios e, por tanto, un novo organigrama cun liderado máis compartido. Os novos cargos potenciaron a comunicación e a delegación desde o máximo respecto e adquiriron maior seguridade.”
“…Tamén puxemos en marcha metodoloxías para manter a ilusión do cadro de persoal.”
“… a clave do éxito dos equipos está baseado nas relacións entre os seus membros. Queriamos crear un equipo sólido e sostible no tempo, pero non sabiamos como enfocarnos para este fin. Este programa axudounos a traballar o autocoñecemento e lograr unha alianza de equipos”
“…axudáronme a ver o traballo que fago desde outra perspectiva para poder sacarlle una maior rendabilidadeao tempo e ás accións directas cos meus clientes.”
Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.