LinkedIn: consellos para aumentar a miña presenza e lograr acordos comerciais 

LinkedIn é unha plataforma ideal para establecer relacións profesionais e aumentar a presenza en liña das empresas.

Se se utiliza adecuadamente, esta rede social pode ser un medio efectivo para conseguir acordos comerciais e fortalecer a marca. A continuación, presntamos algúns consellos útiles para aproveitar ao máximo esta plataforma:

 -Crea un perfil completo e profesional: Asegúrate de que o teu perfil estea completo e que conteña información relevante sobre ti e a túa empresa. Agrega unha boa foto de perfil e unha descrición clara e concisa do que fas.

-Centra o teu contido na túa audiencia, non en ti: Cando crees contido para LinkedIn, non te centres en ti mesmo, senón no que a túa audiencia quere ou necesita saber. En lugar de falar sobre os teus logros, comparte consellos útiles para os profesionais do teu sector. Pensa sempre no que a túa audiencia quere ler e como podes axudala.

-Engancha ao lector: Comeza a túa publicación cunha frase impactante, escribe primeiro o máis relevante e deixa o menos importante para o final. Utiliza datos para reforzar o teu punto e axudar ao lector a visualizar a magnitude do que estás a falar.

-Utiliza unha linguaxe clara, concisa e amable. Evita utilizar termos técnicos innecesarios ou palabras difíciles de entender. Lembra que o teu obxectivo é que o contido sexa fácil de ler e comprender para todos os profesionais.

-Mantén unha mensaxe única: Asegúrate de que a mensaxe que queres transmitir sexa clara e que estea presente en toda a túa comunicación en LinkedIn. Non tentes abarcar demasiados temas ou mensaxes diferentes, xa que isto pode confundir á túa audiencia e diluír o que queres transmitir.

-Acompaña o post con elementos visuais: Agrega elementos como imaxes, infografías ou vídeos ás túas publicacións para facelas máis atractivas e agradables de ler. Os elementos visuais tamén poden axudar a resaltar os puntos máis importantes da túa mensaxe e atraer a atención dos usuarios.

-Convida aos teus lectores a comentar e participar: Pide a súa opinión, fai preguntas ou crea enquisas para fomentar a interacción e o compromiso da túa audiencia. Canto máis interactúen os teus seguidores co teu contido, máis alcance terás e xurdirán máis probabilidades de xerar acordos comerciais e fortalecer a túa presenza en liña.

-Participar en eventos presenciais é unha excelente maneira de fortalecer as túas relacións e ampliar a túa rede de contactos. Ao coñecelos en persoa, poderás establecer unha conexión máis persoal e duradeira, o que pode levar a futuras colaboracións ou acordos comerciais. Ademais, estes eventos tamén son unha oportunidade para agregar a posibles colaboradores á túa rede social.

 Lembra que crecer en LinkedIn non é un proceso inmediato, senón que require tempo e esforzo constante.  Mantén unha estratexia de contido coherente e enfocada nas necesidades da túa audiencia, e fomenta a participación e interacción dos teus seguidores.

Non te desanimes se ao principio non consegues uns números moi altos ou que moitos usuarios participen, se segues estes consellos estarás no camiño correcto para establecer contactos e fortalecer a túa marca. 

E se necesitas asesoramento gratuíto neste aspecto, podes solicitalo a través do Igape Responde. 

 

Categorías: Artigos.