Guía das novas axudas da Xunta para apoiar á hostalería, pemes e autónomos fronte á covid-19

Neste artigo queremos explicarche de forma gráfica e sinxela as principais liñas de axudas publicadas pola Xunta para facer fronte ao coronavirus. Ter domicilio fiscal en Galicia, estar afectadas pola crise sanitaria e a concorrencia non competitiva, é dicir, cando a concesión das axudas se realiza en función da orde de entrada das solicitudes, son o denominador común das subvencións para apoiar a pemes e autónomos. Explicámosche en que consisten:

  1. PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19

Beneficiarios: persoas traballadoras autónomas que estean dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar como traballadores por conta propia.

Requisitos:

  1. Domicilio fiscal en Galicia.

2. Ter recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade.

3. Estar ao día das obrigacións tributarias, estatais ou autonómicas, coa Seguridade Social e non ter pendente o pago de ningunha débeda coa Administración.

A tramitación, só online: todas as solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

Contía:

  • 1.200 euros con carácter xeral.
  • 2.000 euros para as persoas traballadoras autónomas m en sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

As axudas non son acumulables.

Prazo de presentación: do 18 de novembro ao 18 de decembro de 2020.

Tes toda a información sobre esta liña de axudas na sede electrónica da Xunta co código de procedemento TR400A

  1. PROGRAMA I DE MICROEMPRESAS:

Beneficiarios: persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e excepcionalmente as pemes a condición de que desenvolvan a súa actividade nos sectores paralizados por mor da pandemia.

Requisitos:

  1. Domicilio fiscal en Galicia.
  2. Que teñan ou tivesen autorizado un ERTE pola Covid-19 desde a declaración o estado de alarma.
  3. Que a facturación baixase polo menos o 45% en 2020 en comparación entre o facturado durante todo o 2019 e o tres primeiros trimestres de 2020.
  4. Estar ao día das obrigacións tributarias coa Seguridade Social e non ter pendente o pago de ningunha débeda coa Administración.

A tramitación, só online: as solicitudes presentaranse por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta.

Contía:

  • 4.000 euros con carácter xeral.
  • 5.000 euros para actividades especialmente paralizadas.

Prazo de presentación: do 28 de novembro ao 28 de decembro de 2020.

Tes toda a información sobre esta liña de axudas na sede electrónica da Xunta co código de procedemento TR400B

  1. PROGRAMA II DE HOSTALARÍA:

Beneficiarios: Persoas traballadoras autónomas, microempresas e pemes do sector da hostalaría (hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos).

Requisitos:

  1. Domicilio fiscal en Galicia.
  2. Estar afectado por peche do establecemento ou por peche perimetral do concello nos que se sitúen.
  3. Ter pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas.
  4. Estar ao día das obrigacións tributarias coa Administración.

Contía:

  • 500 euros por establecemento e mes de paralización de actividade (se é menos dun mes, se prorratea).
  • 000 euros por establecemento e mes de paralización se teñen 10 ou máis traballadores.

Prazo: do 28 de novembro ao 28 de decembro de 2020.

Tes toda a información desta liña de axudas co código de procedemento TR400C.

 

4- AXUDAS PARA INSTALACIÓN, REFORMA E ADAPTACIÓN DAS TERRAZAS DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN E A ADQUISICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMBALAXE PARA O SERVIZO DE CONSUMO EN DOMICILIO

Beneficiarios: pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica.

Requisitos:

  1. Domicilio fiscal en Galicia.
  2. Estar ao día das obrigacións tributarias.

A tramitación, só online: todas as solicitudes presentaranse por medios electrónicos.

Elementos subvencionables:

1.Terrazas

2.Elementos de envasado e embalaxe para o servizo de consumo no domicilio tanto entrega a domicilio como de recollida no establecemento 100% biodegradables.

Contía:

  • 80 % dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable por solicitude mínimo de 500 euros.

Prazo: até o 28 de febreiro de 2021.

 

Categorías: Artigos.