O programa Galicia Inviste busca impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas a través de axudas ao investimento.
O programa establece dúas liñas de actuación: unha centrada nos proxectos de investimento empresarial, que busca facilitar a creación de novos novos establecementos, a ampliación da capacidade dos existentes, a diversificación da súa produción e os cambios nos procesos globais da propia produción.
A segunda liña pon o foco en inversións en equipamento produtivo, que busca a ampliación de capacidade dun establecemento existente.
Os apoios cobren proxectos desde 25.000 ata 900.000€, chegando ao 35% dos investimentos no caso das pequenas empresas, e ao 25% para as medianas.
Cando as solicitudes de axuda teñan un investimento subvencionable superior a 500.000€, poderán pedir un préstamo parcialmente reembolsable para o seu financiamento, correspondéndose o tramo non reembolsable coa subvención concedida.
O orzamento destinado ao Galicia Inviste ascende aos 15 millóns de euros.
O prazo está aberto ata o vindeiro 31 de outubro ou ata o esgotamento do crédito.
Máis detalles, no Diario Oficial de Galicia.