A ninguén se lle escapa que a pandemia trouxo consigo profundos cambios nos hábitos de consumo das persoas. As restricións impostas dende as autoridades gubernamentais como limitacións de aforo, peche de comercios, restricións de mobilidade entre outras, obligaron ós cidadáns a buscar vías alternativas para poder satisfacer as súas necesidades.
Nas primeiras fases da pandemia, co confinamento total e o peche de comercios non esenciais supuxeron un notable incremento do comercio en liña, dende alimentos ata produtos de bricolaxe ou tecnoloxía, entre outros. Coa desescalada e a relaxación das medidas, o comercio físico recuperou unha parte do seu volume de ventas, aínda que manténdose lonxe dos resultados obtidos no exercicio anterior.
A etapa actual da pandemia pode implicar unha importante oportunidade para os pequenos comercios locais debido ás medidas restrictivas que se están a aplicar. O peche perimetral de concellos e comunidades autónomas, así como o peche de fronteiras con Portugal conleva a imposibilidade de se desprazar para adquirir bens e servicios, obrigando ás persoas a realizar o consumo nun ámbito xeográfico reducido.
Esta situación supón unha vantaxe de cara a realizar accións comerciais enfocadas ó público local debido á diminución da oferta dispoñible de comercios nos que realizar o consumo. Ó estar prohibido abandonar ó municipio, pero ó existir liberdade de mobilidade dentro del, pódense elaborar una serie de pautas para conseguir captar a atención deste público, tanto a través de publicidade como de promocións.
En primeiro lugar, sería adecuado levar a cabo unha promoción comercial a través de redes sociais. En xaneiro de 2021 estimábanse en 37,4 millóns os usuarios de redes sociais en España, implicando un incremento do 27,6% respecto o ano anterior. É posible sacar proveito desta situación pois as promoción a través destas canles pódese reducir a ámbitos xeográficos concretos con costes asociados máis reducidos que con campañas publicitarias de maior escala e ineficientes neste momento.
No relativo as acción concretas a realizar aproveitando a coxuntura actual destacaríamos as seguintes:
- Publicitación dun produto “gancho” cun prezo reducido que atraia a atención dos potenciais consumidores e faga acudir a estes presencialmente ó comercio.
- Adecuación do servizo posventa ás necesidades do público. Ó existir peches perimetrais e realizar o consumo en comercios locais, os hábitos de consumo poden apuntar a realizar un maior consumo de bens no momento de acudir ó local, sempre que sexa posible devolver con facilidade aqueles productos que non se adecúen ás necesidades do cliente.
- Elaboración dunha estratexia de fidelización, as circunstancias actuais poden atraer novos clientes ós distintos comercios. No caso de que se ofrezan incentivos para afianzar esta nova clientela é posible garantizar un maior incremento de vendas no futuro.
- Enfocar as accións comerciais cara públicos concretos. As características do público que pode acudir a un comercio varía segundo a data e a hora. Se é posible adecuar as promocións ós horarios de maior afluencia do público máis potencial a consumir o produto ofertado, pódese obter unha vantaxe competitiva fronte o resto de competidores.
Estas pautas poden implicar unha maior atracción de clientela a negocios que actualmente atópanse moi golpeados pola situación económica e os cambios nos hábitos de consumo, pero para conseguir obter un enfoque máis adecuado de cómo adaptar ós comercios á nova realidade convén levar a cabo estratexias comerciais axustadas a cada negocio e a cada modelo de clientela.
Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.