Os artesáns e as artesás manteñen vivas as tradicións. Son unha parte importante da nosa cultura e da nosa economía.
O seu traballo baseáse nas técnicas que se empregaron durante séculos e a súa arte é un xeito de preservar e transmitir esa cultura ás xeracións futuras.
Con todo, é un sector que se enfronta a moitos desafíos. A competencia cos produtos en masa e a globalización dificultaron que os artesáns poidan gañarse a vida co seu traballo. Moitos e moitas loitan por atopar clientes e manter os seus negocios.
Precisamente coa idea de deseñar un marco xurídico adaptado á nova realidade do sector artesanal, o Consello da Xunta prevé aprobar en abril o proxecto de Lei de Artesanía.
A nova Lei está enfocada na potenciación da artesanía como actividade económica sustentable e busca protexer a artesanía tradicional e os oficios vinculados a certas zonas de Galicia.
Esta lei servirá para darlle resposta a algúns dos retos que afronta a Artesanía de Galicia, como o relevo xeracional, a innovación, a internacionalización ou a ampliación das canles de comercialización.
Nestes momentos estase a realizar un proceso de consulta co sector para recompilar achegas a través dos diferentes grupos de traballo.
Baixo a marca Artesanía de Galicia están rexistrados 831 obradoiros de 88 oficios diferentes, que xeran máis de 7.800 postos de traballo.
Precisamente para apoiar ás personas autónomas, o Igape – Instituto Galego de Promoción Económica ofrece asesoramento gratuíto e en liña a persoas autónomas, e emprendedoras e empresas en ata 7 ámbitos diferentes.
Se queres recibir axuda, só tes que pedilo a través do formulario.