A covid-19, sen dúbida, marca un antes e un despois na forma na que comunicamos e xestionamos persoas; o contexto VUCA que xa estábamos a vivir saltou polos aires outra vez, e esixiu de nós, novas aprendizaxes, novas formas de relacionarnos e de tratarnos.
A contorna empresarial non é allea a esta realidade, e a velocidade de adaptación esixe de nós que saibamos adaptarnos ao cambio para non quedar aillados e conseguir manter ou agrandar a nosa ventaxa competitva como organización.
Sen dúbida, nunca estivo máis presente a forma en que nos relacionamos e a importancia de chegar a conversas útiles, que non agrande a nosa sensación de frustración e soidade.
Poñer as persoas no foco, de novo axúdanos a atopar solucións, tan necesitados como estamos delas; é unha proposta interesante a ter en conta, e tamén a valorar: que as persoas están no centro xa era unha evidencia antes da pandemia que nos asola, pero no momento actual, ademais da evidencia, tradúcese nunha posibilidade importante de innovación e desenvolvemento que nos posicione no mercado.
Estamos a vivir unha época desconcertante que nos pode deixar grandes aprendizaxes e melloras no eido persoal e tamén profesional, que repercutirá nun xeito máis intelixente de abordar as incertezas derivadas da covid-19, no que estamos a dar o mellor de nós mesmos.
O proceso é longo e diverso, debemos aprender novas formas de relación, respetando sempre as fases do aprendizaxe:
Incompetencia Inconsciente: non sei que non sei facer algo
Incompetencia Consciente: sei que non sei facer algo
Competencia Consciente: sei que sei facer algo
Competencia Inconsciente: teño integrado en min que sei facer algo
O exemplo máis típico para entender este proceso é pensar no xeito no que aprendimos a atar os cordóns dos zapatos: de cativos non sabíamos atalos e non nos afectaba, alguén o facía para nós; despois descubrimos que non sabíamos atalos e empezamos a sentir curiosidade por como se faría; no terceiro momento aprendimos a atar os zapatos e precisábamos de toda a nosa atención para facelo, e no cuarto paso, cando xa o tivemos interiorizado, deixamos de prestar atención e pasou a ser unha actividade rutinaria, normalizada.
En que fase de aprendizaxe estás na relación co teu equipo? E coas persoas mais próximas? Podémosche axudar! Só tes que solicitar o teu asesoramento, sen custe, a través do formulario do Igape Responde.