Á hora de captar novos clientes, unha boa base de datos é crucial para identificar ás empresas ou particulares que máis se axustan ó perfil de compradores do noso negocio. Tendo en conta datos como tipo de actividade, produto ou servizo, correo electrónico ou número de teléfono, estas bases de información comprimida poden resultar moi útiles para personalizar a comunicación da empresa cos seus clientes, permitindo deste modo que as chamadas ou emails comerciais teñan máis posibilidades de conectar cos contactos de valor que realmente lles interesa atraer. Por este motivo, ter unha base de datos optimizada pode ser a clave para que a nosa campaña de marketing cumpla cos seus obxectivos e chegue ó maior número de clientes posible, no menor tempo e cos costes mínimos necesarios.
Como organizar a miña base de datos de clientes?
Existen multitude de formas de clasificar a información obtida acerca dos potenciais compradores do noso negocio, sen embargo, para crear unha base de datos sólida é recomendable organizala en función da relevancia destos, prestando atención primeiro, ós datos máis específicos como: nome da empresa ou particular, tipo de actividade ou sector, produto ou servizo, web e teléfono ou email; e despois ós máis xerais, como: dirección ou cidade e población ou país.
Deste modo, a información é recabada de forma clara e concisa, permitíndolle á empresa axilizar o proceso de captación de clientes e minimizar os costes da súa campaña comercial.
Como optimizar a miña base de datos de clientes?
A continuación, dámosche unha serie de tips para sacarlle o máximo rendemento á túa base de datos:
- Define a información en columnas: para poder atopar a información de forma rápida e sinxela é importante que organices os datos por columnas, de forma que a cada unha lle asignes un encabezado ou título para identificar que tipo de datos contén. O número de columnas que obteñas é irrelevante xa que o que che interesa é poder filtrar os datos con facilidade.
- Clasifica adecuadamente a túa base de datos: para que as chamadas e/ou emails da campaña de marketing sexan efectivos deben ir dirixidos a un público concreto, polo que che aconsellamos non mesturar clientes actuales con posibles clientes, xa que así evitarás confusións ó poñerte en contacto con eles.
- Impacta puntualmente: planificar un calendario con accións puntuais que estén en sintonía co resto da campaña comercial é esencial para non saturar ós teus clientes con demasiadas chamadas ou emails. Unha gran cantidade de comunicacións por parte da empresa podería provocar no comprador sensación de agobio ou rexeitamento, polo que é convinte fixar unhas datas determinadas para realizar a captación dos contactos de valor.
- Actualiza a túa base de datos: é moi importante que a túa base de datos esté sempre ó día, xa que o éxito da túa campaña residirá en que a información esté actualizada e contrastada cos datos das plataformas oficiais de consulta. Recomendámosche comprobar especialmente se os teléfonos e os emails son correctos unha vez ó mes, posto que así non te perderás ningún cambio ou actualización nas empresas ou particulares que che interesen.
- Protexe a túa base de datos de clientes: comprender que a túa base de datos é material de marketing estratéxico para a túa empresa é fundamental á hora de limitar o número de persoas que teñan acceso a ela. Ademais, debes asegurarte de que a plataforma que empregues tanto para realizar a túa campaña comercial como para dar seguimento ós teus emails sexa segura e garantice a privacidade e confidencialidade dos datos que contén, ben sexa para que non caiga en máns de persoas non autorizadas para o seu tratamento ou ben para evitar calquer tipo de ataque informático.
Como explotar a miña base de datos de clientes?
Unha vez que teñas creado a túa base de datos tendo todos estos aspectos en conta, poderás iniciar a túa campaña comercial para chegar ó maior número de compradores posible. Lembra que cantos máis contactos de valor conteña, maiores serán as posibilidades de ampliar a túa carteira de clientes e, por ende, os tus beneficios empresariais, polo que facer un seguimento da receptividade destos ás accións comerciais que leves a cabo, será determinante para non desperdiciar ningunha oportunidade de negocio para a túa empresa.
Como puideches comprobar neste artigo, elaborar unha base de datos de clientes detallada pode ser a clave do éxito da captación de compradores para a túa empresa, polo que prestar especial atención a como organizala, optimizala e explotala é vital para sacarlle o máximo rendemento á túa campaña de marketing estratéxica.