O uso das tecnoloxías dixitais permite mellorar a eficiencia, a produtividade e a flexibilidade dos procesos produtivos.
Precisamente para apoiar ás empresas na integración de solucións dixitais, o Igape lanza unha nova convocatoria das axudas á Dixitalización Industria 4.0; o obxectivo é lograr a transformación da industria tradicional cara a modelos de negocio baseados na innovación e na tecnoloxía.
Para coñecer en que consisten estas axudas, o LUNS, 12 de xuño, ás 13 horas, celebramos un evento virtual no que poderás facer as túas preguntas en directo a través do chat.
Ademais coñecerás o resultado que logrou unha empresa galega grazas a estas axudas á Dixitalización Industria 4.0.