Como analizo o tráfico da miña web? Google Analytics

Unha das preocupacións máis común das empresa é coñecer se son visibles no mundo dixital, se teñen impacto, e polo tanto se os esforzos da inversión de tempo e diñeiro nas redes sociais e na web se monetizan.

Ter ferramentas que nos permitan analizar ese datos, é vital para poder explotar e traballar sobre eles de forma que poidamos rectificar as nosas accións ou potencialas, segundo sexa o caso.

Entre as aplicacións mais coñecidas para traballar sobre o SEO da nosa web, está Google Analytics: unha ferramenta que permite analizar todo tipo de datos de tráfico da nosa web e o que ocorre cando o usuario entra nela, como por exemplo, visitas, sistema operativo do dispositivo empregado polo usuario e tamaño da súa pantalla, estadísticas e taxa de conversión e moitos outros datos “vitais” para traballar no mundo dixital.

 

Como funciona?

Aínda que devolve datos que, de outra forma, sería difícil coñecer, o seu funcionamento é moi sinxelo:

Primeiramente, deberemos incluír un código javascript que debemos en tódalas páxinas que queremos analizar da nosa web (incluso é mais sinxelo se traballamos en plataformas tipo wordpress, nas que só deberemos engadir un widget).

Unha vez “instalado” na nosa web, a ferramenta fará o resto: cando o usuario accede á nosa web, o código cargarase nas cookies do seu navegador que rexistran información diversa sobre o comportamento do visitante na nosa web.

Estes datos, almacénanse nun servidor de Google e trasladaranse ó noso panel de control, onde a ferramenta encargarase de devolvelos en forma de informes e estadísticas para traballar e analizar o que precisemos.

 

Vantaxes do uso da ferramenta de Google Analytics

  • Claramente, a principal vantaxe de Google Analytics é a reducción do tempo á hora de instalalo en comparación con outros analizadores de tráfico, e
  • ademais, ó traballar nun servidor externo, non afecta ó rendemento da nosa web, como podería ocorrer con outros analizadores de tráfico que precisan empregar espazo no noso servidor.
  • Compatibilidade con outras ferramentas como Webmaster tools, Firebase e Adsense, e con servizos de terceiros.
  • Outra das vantaxes, que non sempre se analiza, é saber en que momento o usuario abandona a nosa web, xa que en ocasións é sinal de que existe algún enlace roto ou calquera outro problema na páxina, e en calquera caso, coñecerás a forma natural de navegar do visitante na túa web.
  • Coñecemento do impacto das campañas de publicidade: ó coñecer o tráfico da túa web, tamén poderás comprobar se as campañas desenvolvidas son funcionais, e incluso asociar a conta con Google Adwords para optimizar ou adaptar as campañas.
  • Informes en tempo real

 

Pero, debes ter en conta tamén estas desvantaxes

  • Bloqueo de cookies: no caso de que o usuario rexeite ou bloquee as cookies, no teremos datos da súa navegación.
  • Cesión de datos: aínda que a explotación dos datos que recompila é moi beneficiosa, deberemos ter en conta que tódolos datos que empregan están sendo cedidos a Google.
  • Aínda que ten unha fácil operatividade, é preciso ter coñecementos dos conceptos a analizar para poder entender os informes que devolve a ferramenta.
  • Problemas á hora de instalalo ou esquecer engadilo en tódalas páxinas da nosa web: se non está correctamente incluído en cada páxina da túa web, ou creas unha nova e esqueces incluír o código javascript, so estarás medindo parcialmente o tráfico da mesma.

 

Aínda que levamos un tempo traballando nas redes e coa nosa web, os cambios do público e da forma de interactuar son tan cambiantes, que é preciso apoiarse en ferramentas que faciliten a análise dos nosos potenciais clientes para adaptarnos nun corto prazo de tempo ás novas necesidades e o que procuran os usuarios.

Queres saber como adaptar a túa páxina e incluír Google Analytics ou outra ferramenta de análise de tráfico web? Se tes dúbidas, e precisas axuda, podes solicitar asesoramento, sen custe, a través do formulario do Igape Responde.

Categorías: Artigos.