A contorna covid-19 na que nos estamos movendo non deixa de ser un revulsivo para as persoas curiosas, as que non deixan de aprender e preguntarse os porqués do mundo que nos rodea. É un marabilloso caldo de cultivo para estimular a creatividade, xa que o normal para elas é aprender continuamente, mostrarse sempre abertas e motivadas para o seu desenvolvemento persoal.
Se algo puxo de manifesto a pandemia é a necesidade de resolver novos desafíos, e as persoas canto máis innovadoras, máis necesitan coñecer e comprender a contorna no que se moven, coñecer as regras que rexen o sistema no que se atopan. Tamén senten una forte necesidade de estímulo intelectual e de variedade, aínda que teñen unha serie de características, de trazos comúns que os identifica:
– Apaixónanse coa aprendizaxe e o descubrimento
– Apaixónanse co que fan, senten un gran compromiso coa súa vocación
– Son flexibles e abrazan o cambio
– Dedícanse a modificar a súa contorna, actúan para mellorar e innovar, non asumen como bo as cousas que veñen dadas.
– Son sensibles a retos e problemas.
– Descobren patróns non evidentes e son capaces de establecer conexións entre elementos aparentemente desconectados.
– Saen da a súa zona de confort, asumen riscos, son capaces de asimilar un alto índice de erros e senten como natural incrementar a súa taxa de fracasos.
O propio proceso de selección natural é creativo, funciona por ensaio e erro xerando novidades e aumenta a oportunidade das persoas de sobrevivir e desenvolverse en situacións novas ou a priori adversas.
A función evolutiva que nos moven esta situación de pandemia xera a necesidade de atopar novas formas de gañarse a vida, novas localizacións desde a que facelo (o teletraballo chegou para quedar). A adaptación o cambio é un valor en alza.
O mundo que nos toca vivir ten unas taxas de cambio moi elevadas, así, pódese dicir que o cambio é o único que permanece constante e a globalización e os novos desenvolvementos tecnolóxicos, e agora, ao enfrontarnos o Covid, multiplícase a incerteza, posibilitando o paradoxo de tomar calquera cambio como una oportunidade non só individual, senón tamén colectiva.
A innovación e a investigación están a mellorar a situación actual, crean riqueza e a creatividade está no foco. Hai dúas situacións ben diferenciadas:
– Momento de Oscuridade, no que estás sumerxido nun problema concreto e desconectas del para poder inteactuar co pensamento e que as conexión cheguen a nós.
– Momento de Iluminación, onde as neuronas están ben activas e provocan a resolución de problemas dunha maneira creativa.
Hoxe en día, o valor créase a partir da información e do coñecemento, sendo máis que nunca a curiosidade e o desexo de aprender a súa fonte.
As persoas que realmente senten gusto pola creatividade están a gozar do momento actual: o reto que teñen por diante é motivador, sabendo que as persoas que non sexan persistentes e eficaces corren o risco de desaprender.
Hoxe, abandonar ou non por paixón nas tarefas xa non é unha opción: aproveitar o potencial dos dous hemisferios, a creatividade e a análise, sen dúbida, é a combinación perfecta para garantir, desenvolver os nosos proxectos e facelo dunha maneira acorde que a nosa realidade diaria.