Ata o 29 de maio poden solicitarse as axudas dirixidas a obradoiros artesáns, asociacións do sector e concellos

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación acaba de activar a nova convocatoria do programa de axudas para impulsar a comercialización da Artesanía de Galicia.

A convocatoria, dotada 265.000 euros, está dirixida a obradoiros artesanais, concellos e a asociacións profesionais e empresariais do sector. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 29 de maio.

As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán o 80% do investimento subvencionable.

No caso dos obradoiros artesáns poderán recibir ata 8.000 euros para a participación como expositor en feiras de interese artesanal nacionais ou internacionais.

No que respecta aos concellos, os apoios poden alcanzar os 15.000 euros, e destinaranse á organización de feiras ou eventos de interese artesanal.

Pola súa parte, as asociacións profesionais e empresariais de artesáns, as axudas poden ser, dunha banda, para a organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma, que poden alcanzar os 18.000 euros, e por outro lado, para o mantemento da páxina web, que poden chegar aos 20.000 euros.

Podes consultar máis detalles no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 

Marca Artesanía de Galicia

Baixo a marca Artesanía de Galicia están rexistrados 831 obradoiros de 88 oficios diferentes, que xeran máis de 7.800 postos de traballo.

Precisamente para apoiar ás personas autónomas, o Igape – Instituto Galego de Promoción Económica ofrece asesoramento gratuíto e en liña a persoas autónomas, e emprendedoras e empresas en ata 7 ámbitos diferentes.

Se queres recibir axuda, só tes que pedilo a través do formulario.

Categorías: Artigos.