Ata o 28 de marzo poden solicitarse as axudas para incentivar a dixitalización de comercios e obradoiros artesáns

O comercio de proximidade e os obradoiros artesáns xa poden solicitar as novas axudas da Xunta de Galicia para incentivar a dixitalización dos seus establecementos e servizos. O prazo para facelo está aberto ata o 28 de marzo. 

O orzamento destinado é de 3 millóns de euros para financiar, entre outras accións, márketing dixital, servizos de loxística, posicionamento a través de páxinas web, ou a xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos, para o cal as axudas poden ser de ata 5.600 euros.

É unha liña de apoios para fomentar que o sector do comercio e da artesanía poidan aproveitar todas as vantaxes da tecnoloxía e a venda en liña para poder estar dispoñibles os 365 días do ano en calquera lugar do mundo.

Poden beneficiarse pemes comerciais de menos de 20 traballadores e obradoiros artesáns, e o obxectivo é apoiar ao sector comercial e artesán para que aproveite todas as oportunidades tecnolóxicas para conectar co cliente e achegue unha experiencia de compra única e personalizada.

Cunha intensidade de axuda do 80 % do investimento subvencionable.

Máis detalles:

Sede electrónica 

Categorías: Artigos.