Xa non basta con innovar e ter un bo produto, debemos ter en conta o comportamento do cliente, dándolle o que precisa, pero tendo en conta tamén como e onde o quere, que se sinta identificado coa nosa marca e cos seus valores.
A estratexia comercial e o modelo de negocio ten que adaptarse a todas estas tendencias para conseguir potenciais clientes, tendo ademais en conta a fidelización dos mesmos. Estas tendencias son un punto diferenzador á hora de que o consumidor adquira os nosos produtos e se identifique coa nosa marca, tomándoa como referencia.
Que aspectos e tendencias afectan o consumo?
- Consumo liminal e Produtividade: Agora mentres esperamos ó autobús, ou de camiño ó traballo aproveitamos para mercar. Xa non hai ocos libre, e calquera momento de espera é o noso momento de consumo.
- Customización dos produtos: O usuario busca identificarse co produto, ou poder adaptar o servizo ás súas necesidades e gustos persoais.
- Seguemento dos pedidos en tempo real: case tan importante é o proceso de compra como coñecer a situación do envío do produto. Non debe ser un dato esquecido, e deberemos traballar para que o clientes teña o “control” da súa situación.
- Servizos e produtos VIP: comezou sendo popular no sector servizos, cada vez está mais aplicado a calquera outro tipo de negocio. Pertencer a unha comunidade con certos privilexios, mais garantías, ventas privadas, descontos exclusivos ou gastos de envío gratuítos, todo conta, e as empresas o potencian cada vez máis.
- Ver, probar e despois, mercar: ás veces os usuario prefiren “coñecer” o produto previamente á compra, para ver se cumpre as expectativas. A empresa facilita un servizo ou produto de proba conseguindo chegar a usuarios que adquirirán o produto convencidos.
- Experiencia de compra: Aquí xoga un papel moi importante a realidade virtual, aumentada y mixta, sobre todo en sectores como a construción, enxeñeira, demótica, medicina ou loxística. O cliente precisa coñecer previamente o produto dunha forma o máis real posible.
- Zero Waste e activismo da marca: este movemento aposta por produtos con residuo cero e empresas que destacan en valores sociais. Ten tanta amplitude que afecta a calquera tipo de negocio, e non so polo produto o servizo, influirá o produto en si, o seu packaging, e ata se a marca defende algunha causa social, de defensa da natureza, empoderamento feminino, ou promove produtos con mensaxes sociais.
- A marca como institución: xa é unha realizade que moitas marcas lanzan documentais nos que fan que a historia do seu negocio cobre vida e implique ó usuario como parte dela, coñecendo de primeira man a orixe e os valores da empresa na que merca.
- Wellness: se é bo para a saúde e benestar, non hai reparo en mercalo. É unha tendencia en alza, e cada vez queremos coidarnos máis e mellor.