Aberto o prazo para solicitar as axudas do programa Dixitalización Industria 4.0

Lograr a transformación industrial das empresas galegas. Ese é o obxectivo da nova convocatoria do programa Dixitalización Industria 4.0 que xa está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que conta cun orzamento de 5 millóns de euros.

En réxime de concorrencia competitiva, o programa Dixitalización Industria 4.0 cobre proxectos colectivos e individuais que busquen a implantación de solucións de interacción, sistemas de intelixencia artificial ou aqueles encamiñados á dixitalización de procesos.

As axudas cobren o 35% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas, e nos dous casos o 50% dos custos de colaboracións externas. O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto. Con esta liña, o Goberno galego aspira a promover máis de 200 proxectos de dixitalización.

 

Bodegas Gallegas, exemplo de empresa que avanzou na dixitalización con estes apoios

Se queres coñecer máis detalles destas axudas, o LUNS, 12 de xuño, ás 13 horas, celebramos un evento virtual no que poderás facer as túas preguntas en directo a través do chat.

Ademais  Bodegas Gallegas explicará os avances que logrou grazas a estas axudas á Dixitalización Industria 4.0.

 

Categorías: Artigos.