Aberta a nova convocatoria do Plan de Misións Comerciais

A Xunta impulsa este ano preto de 100 misións comerciais de empresas en máis de 30 países. 

O programa, que desenvolve a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través do Igape e en colaboración coas cámaras galegas, contempla dúas liñas, unha centrada nas pequenas e medianas empresas e que suma máis do 80% do orzamento, e outra habilitada para as grandes empresas, na procura de que estas acheguen ás misións a súa experiencia e volume como efecto tractor.

O obxectivo é chegar a 500 participacións de pemes -cada empresa participa en máis dunha actuación- nas accións de promoción, favorecendo a súa imaxe nos mercados exteriores.

Este ano, por citar algúns exemplos, contemplase a participación do sector agro alimentario na Feira Fancy Food nos Estados Unidos; a visita do sector naval á feira Norhsipping en Noruega; a asistencia do sector da Biotecnoloxia á Bio International Convention en Estados Unidos e á Expo BioJapan 2023, ou a participación do sector da pedra natural na Feira Marmomac en Italia”.

O programa prevé para esta convocatoria máis de 30 mercados prioritarios de acción comercial entre os que se sitúan China, India, Israel, Xapón, Reino Unido, Alemaña, Marrocos, Brasil, México, Emiratos Árabes, Estados Unidos ou Canadá, así como outros países para os que se xustifique a idoneidade do mercado para as empresas galegas.

As actuacións, consistentes en misións empresariais directas ao estranxeiro ou na participación en feiras e outros eventos expositivos, contan con apoios que alcanzan o 90% no caso das pequenas e medianas empresas, porcentaxe que pode acadar ata o 70% para as grandes empresas.

Consulta o calendario de accións

 

Categorías: Artigos.