A partir do luns, 15 de maio, podes descargar os descontos de 30 euros do Bono Activa Comercio

Os establecementos que desexen participar na terceira edición do Bono Activa Comercio xa poden adherirse. É o programa da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no que cómpre rexistrarse a través da páxina web www.bonosactivacomercio.gal.

Como en anteriores ocasións, as persoas consumidoras poderán descargar na web un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos. Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil.

O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros.

A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga e uso por parte dos consumidores desde o 15 de maio e ata o 15 de setembro, salvo esgotamento previo do orzamento destinado a este programa.

Como principal novidade desta edición do Bono Activa Comercio e para optimizar o seu funcionamento, non se limitará o número de usuarios que poden descargarse os bonos —un por persoa—, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

A nova convocatoria conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros e permitirá mobilizar 8,5 millóns en vendas, co obxectivo, tamén, de contribuír a reducir o impacto da inflación nas familias.

Apoios aos comercios galegos

Ademais do Bono Activa Comercio, a Xunta ten en marcha outras iniciativas para apoiar ao tecido empresarial galego. Unha delas é o Igape Responde, o programa que ofrece asesoramento gratuíto e en liña a empresas, persoas autónomas e emprendedoras.

Este soporte inclúe axuda en temas financeiros, de promoción en liña, na dixitalización dos negocios, entre outros. Só tes que indicar a túa necesidade a través do formulario e unha persoa experta vai contactar contigo:

Categorías: Artigos.