A nova tipoloxía de clientes da era post-covid

A covid-19 provocou un cambio nos consumidores que, ao verse limitados a poder ir aos establecementos a mercar os produtos habituais, tiveron que facer un maior uso das novas tecnoloxías, impulsando desta forma o mercado en liña.

As restricións da pandemia fixeron aumentar este novo hábito de consumo que impactou directamente nos negocios, impulsando a transformación dixital en moitas pequenas e medianas empresas que ata o momento non tiveran a necesidade de entrar neste tipo de mercado.

Esta evolución dixital de empresas, mercado e consumidores, afectou directamente a todos os sectores, incluso naqueles mais tradicionais que ata o momento rexeitaran o uso das tecnoloxías na súa operativa diaria.

 

A auxe do prosumidor

Aínda que este termo leva tempo escoitándose nas escolas de márketing, a pandemia fixo crecer exponencialmente o número de prosumidores existentes. O prosumidor non é un consumidor pasivo, senón que participa no proceso de produción dunha marca, consumindo un produto ou servizo e transmitindo a súa experiencia a través da diversas canles, maioritariamente nas redes sociais, para que outros consumidores poidan informarse antes de comprar o produto.

 

Que diferenza ao prosumidor do consumidor tradicional?

Os novos consumidores posúen unha serie de elementos ou características que os distinguen fronte os consumidores tradicionais:

  • Acceso á información: os consumidores dixitais teñen a só un par de clics unha inmensa cantidade de información e opinións sobre un produto/servizo á que poden acceder con facilidade, e as cales inflúen enormemente na decisión final da compra.

 

  • Impulso de compra: a diferenza de ir a unha tenda física, a inmediatez das compras en liña e a continua exposición a ofertas, fan que o consumidor sexa moito máis impulsivo adquirindo produtos que doutra forma non mercarían nunha tenda física, onde o proceso de compra é moito máis lento e reflexivo.

 

  • Flexibilidade: as tendas en liña, a diferenza das físicas, permiten que o consumidor realice a súa compra a calquera hora do día. Ademais, coa entrega a domicilio, tamén permite que facilita non ter que desprazarse e poder recibilo á hora que seleccione. Unha elección cada vez mais en alza acentuada polo crecente teletraballo.

Compromiso coa sustentabilidade

Trala pandemia moitas persoas desenvolveron un especial compromiso coa saúde, o benestar e o medio ambiente, e son máis sensibles co impactos das marcas nestes aspectos.

A propia enfermidade, fixo xurdir nos consumidores un particular interese polos bos hábitos consumo, priorizando aqueles que lles aporten un beneficio extra ao seu estado físico e mental.

Ademais,  confinamento tamén impactou nun aumento da posta en valor do medio ambiente e a natureza, o que provocou que nun amplo sector da poboación aumentase o seu compromiso co medio, e a súa implicación con accións e hábitos que freasen a degradación da natureza e o quecemento global, e en consecuencia ao seu benestar.

Isto provocou nos consumidores unha maior predisposición polos negocios que demostren un impacto positivo para a sociedade e un compromiso co medio ambiente, aínda que supoña que o prezo do seu produto ou servizo se incremente lixeiramente.

Se queres coñecer mellor ao teu cliente potencial, e precisas facer unha análise do teu buyer persoa, podes solicitar asesoramento no ámbito de negocio, sen custe, a través do formulario de Igape Responde.

Categorías: Artigos.