A miña empresa paso a paso. Desde elixir solar ata inscribila no catastro: guía para non perderme

Todas as persoas que desexan comezar unha aventura empresarial deben coñecer que trámites son necesarios antes de abrir un negocio. É fundamental para non perder a paciencia e, sobre todo, para saber a que se enfrontan.

Así que, antes de iniciar os traballos de construción dunha nave ou de darlle forma a un local para convertelo nunha empresa, é moi importante solicitar toda a información desde o punto de vista arquitectónico para tomar as decisións máis adecuadas.

E aínda que cada caso é diferente, a seguinte guía pode axudar a quen desexa emprender partindo de cero.

Cales son os pasos esenciais?

 

-PROCURA DO SOLAR. Unha vez elixido o terreo onde desexas crear o teu negocio é moi importante consultar o catastro, o censo estatístico dos bens inmobles dunha determinada poboación que contén a descrición física, económica e xurídica das propiedades rústicas e urbanas

-CERTIFICADO URBANÍSTICO E NOTA SIMPLE. O primeiro documento expídeo o Concello onde se atopa o terrero e debe poñer de manifesto que a parcela é urbanizable. A nota simple solicítase no Rexistro da Propiedade e verifica a titularidade do inmoble e que o terreo está libre de cargas.

-EXECUTAR A OPERACIÓN DE COMPRAVENDA.

-ESTUDO XEOTÉCNICO E LEVANTAMENTO TOPOGRÁFICO. Son pasos imprescindibles. O estudo xeotécnico ofrece información sobre características do solar, sobre o comportamento do terreo en relación co proxecto de edificación.

O levantamento topográfico tamén é un paso necesario e consiste en examinar a superficie para coñecer as características físicas e xeolóxicas do terreo. Desta maneira pódense verificar os límites e a superficie do lugar e permite a súa comparación cos datos catastrais.

-PROXECTO ARQUITECTÓNICO. Inclúe a contratación de servizos de arquitecto para a redacción dos estudos previos, o anteproxecto, o proxecto básico e de execución e a dirección das obras. Tamén a contratación de servizos de aparellador para a dirección de execución e a coordinación de seguridade e saúde das obras.

-SOLICITUDE DE LICENZA MUNICIPAL, ademais das autorizacións sectoriais que sexan esixidas por lei.

 –CONTRATO DE EXECUCIÓN DE OBRAS. É un tipo de contrato polo que o contratista se compromete á execución da obra ou reforma.

-SOLICITUDE DE ACOMETIDAS E URBANIZACIÓN. Para realizar os servizos básicos: auga, saneamento, electricidade, etc. (e urbanización das cesións se as houbese).

 SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE O DE PRIMEIRA OCUPACIÓN. Concédea o Concello unha vez obtido o correspondente certificado final de obra.

-NOTARÍA, REXISTRO DA PROPIEDADE E INSCRIPCIÓN NO CATASTRO. Os trámites inclúen o alta no Imposto de Bens Inmobles (IBI).

 Unha vez realizados estes trámites xa podes iniciar o teu proxecto empresarial. En todo caso, necesitas asesoramento, sen custe, nestes pasos? Só tes que pedilo a través do noso formulario.

 

 

 

Categorías: Artigos.