Temos un medo enorme a fallar, sen embargo equivocarse é tan importante como necesario. O traballo en produción non é filosofía, nada cambia polo mero feito de pensar en cambialo ou por escribilo en papeis esperando que maxicamente se execute só. Trátase de actuar todo o tempo, de facer que o único constante sexa o cambio frenético. Pensar en como facer unha pequena mellora e experimentala no mesmo momento en planta xa! Coa sensación de que mañá non existe, con plena consciencia de que a túa vida consiste en apenas 30.000 días, demasiado poucos como para poder permitirte o luxo de esperar. Cando actúes todo o tempo, daraste conta de que como mínimo o 50% das cousas que crees sen lugar a dúbida que van funcionar, fallarán.
Todo se trata de aprender, equivocarnos é o mecanismo que temos dende que somos bebés para aprender. Moitas veces lerás que Lean trátase de mellorar os procesos, que Lean é un sistema de mellora continua e en realidade Lean é un sistema de aprendizaxe continuo. A mellora continua non é máis que una mera e obvia consecuencia da aprendizaxe continua. O obxectivo cando implantas Lean é crear unha organización que está aprendendo constantemente, experimentando en planta constantemente, “equivocándose” constantemente e se o consegues non te preocupes da mellora continua, verás que é una mera consecuencia da experimentación e a aprendizaxe continua. Converte a túa organización no “mellor sitio para estar equivocado”.
Cando tódolos días se actúa e se cambian cousas, vese que máis da metade dos experimentos fallarán e é normal, non debería sorprendervos, nin molestarvos forma parte do xogo, simplemente estase aprendendo cousas. Fallar fará comprender mellor o proceso, axudaravos a atopar una solución que si funcione e axudaravos a mellorar esa solución día tras día tras día.
Como de importante é obstinarse por crear organizacións enfocadas a aprender? É unha pregunta sinxela. Imaxina una pequena empresa, poñamos 10 empregados, na que tódolos días cada un deles aporta unha pequena mellora que se experimenta en planta. A metade dos experimentos fallarán mais é unha organización que tódolos días conta con 5 pequenas melloras nos seus procesos e ca aprende diariamente, polo que ese coñecemento dos seus procesos faise cada día máis e máis profundo, o que provocará que as melloras que plantexa o persoal sexan cada vez dun calado máis importante. De verdade cres que unha empresa que tódolos días aprende como mellorar os seus procesos en 5 puntos non che vai pasar por enriba como unha apisonadora en moi pouco tempo?
O papel dos mandos intermedios é vital na creación de organizadores enfocadas a aprender e aí é onde chocan contra un muro moitas organizacións cando intentan implantar Lean porque:
O teu ego non pode estar comprometido. O papel dos responsables é crear un entorno onde todo o equipo se desenvolva e cada persoa individual medre e aporte o mellor de si mesmo, os seus coñecementos e ideas. Non o sabes todo, e máis, deixa o teu ego na casa e verás todo o que podes aprender de cada unha das persoas que compoñen o teu equipo.
O teu equipo non está formado por subordinados, está formado por alumnos. Non é so unha diferenza semántica, un subordinado fai simplemente o que lle mandan, no hai ningunha mellora niso, nin paixón e estaste privando a ti mesmo dunha sensación incrible que é a de ver como a xente que te rodea desenvolvese e aprende a facer cousas que nin ti eras capaz de facer. Sen embargo, un alumno aprende a cuestionar todo o que lle intentas ensinar e poñelo a proba, ten curiosidade e experimenta e por suposto fai una cousa moi importante, a metade das veces que experimenta, equivócase e volve atrás, mais a outra metade, co que aprendeu, mellora o proxecto un pasiño día tras día ata que o leva a outro nivel.