Os descontos do Bono Activa Comercio poden solicitarse a partir do LUNS, 9 de outubro 

Conta atrás para o lanzamento da nova edición do Bono Activa Comercio.

Trátase dunha medida que ofrecerá descontos de ata 30 euros ás persoas que merquen nos establecementos de proximidade e que estean adheridos a esta iniciativa. A partir do LUNS, 9 de outubro, vai ser posible realizar a solicitude. O Goberno galego destina 2’5 millóns de euros a esta cuera edición do Bono Activa Comercio.

Nas edicións anteriores, descargáronse máis de 750.000 bonos, unha cifra que permitiu mobilizar máis de 50 millóns de euros.

Atopas máis información na páxina web do Bono Activa Comercio. 

Categorías: Artigos.