En Galicia contigo,
seguimos adiante
A emerxencia sanitaria provocada pola covid-19 creou un novo escenario para empresas e persoas autónomas no que xurdiron novas necesidades e acentuaronse outras. Neste contexto, Igape ten un obxectivo “que autónomos, comercios e pemes sigan funcionando”.
Igape Responde é o programa de resposta inmediata da Xunta para apoiar, asesorar, acompañar e formar a autónomos, comercios e empresas afectados pola situación da covid-19.
É UN PROGRAMA DE
- Resposta rápida
- Atención personalizada
- Consecución de resultados
- Fomento da aprendizaxe
Poderán participar, prioritariamente, as pequenas e medianas empresas (Pemes), incluíndo os/as autónomos/as, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.
En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia.
A resposta da Xunta de Galicia articúlase en 3 liñas
Para apoiar autónomos, comercios e empresas
CONSULTA RÁPIDA
Soporte experto
Atención a consultas rápidas sobre dúbidas da xestión nas empresas.
GRATUÍTO
ASESORAMENTO EN LIÑA
Medidas de acción inmediata
Información e formación nos ámbitos de financiamento, negocio, operacións e persoas.
GRATUÍTO
NOVO RE-ACCIONA
Apoio estratéxico
Servizos de mellora competitiva nos eixos de estratexia, profesionalización, dixitalización e innovación.
COFINANCIADO