Como axuda
Igape Responde aos negocios?

Conseguimos lanzar un novo produto ao mercado para seguir
xerando ingresos. Ademais axudáronnos coa estratexia de
marketing a longo prazo.

Recomendaría o asesoramento?

Si

Pamela Cañón.

Epoltech

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

Redefinimos a nosa oferta comercial, profesionalizamos
os procedementos internos e adaptamos
a nosa comunicación ás novas circunstancias.

Recomendaría o asesoramento?

Si

Javier Pegito.

Sun Aerospace

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

Os profesionais que me atenderon son extraordinarios. Calquera
empresa con problemas ten unha gran oportunidade
en Galicia a través do Igape Responde

Recomendaría o asesoramento?

Si

Margarita Murillo

Galicia Protocolo

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

Descubrimos as nosas fortalezas e debilidades para poder
poñer en marcha un plan de acción. Grazas ao programa
conseguimos crear unha alianza de equipos.

Recomendaría o asesoramento?

Si

Carmen Gila.

Grupo Firmatel

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

Resolvéronme un problema que arrastraba dende hai máis
de 5 anos. Cotexaronen que situación estaban as nosas
contas anuais no Rexistro Mercantil e realizaron os trámites
precisos para porlle solución a unha débeda que non era real.

Recomendaría o asesoramento?

Si

Ángeles Galdo.

Hotel Val do Naseiro

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

Incorporamos unha nova sección de produtos na nosa web
que está dando moi bos resultados. Nun só mes,
conseguimos 20 clientes novos grazas a este servizo

Recomendaría o asesoramento?

Si

Isabel Costas.

Tres Fuciños

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

Conseguín sacarlle maior rendabilidade ao tempo e ás accións
cos clientes. A situación cambiou e as empresas debemos
adaptarnos coa axuda externa.

Recomendaría o asesoramento?

Si

Mariví Iglesias.

Agreeys

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

A aprendizaxe adquirida, sen ningún custe, é moito mellor que o que
poida ofrecer un curso en liña sobre estas materias. Mellorei o tráfico
á miña web e automaticei procesos que antes facía manualmente

Recomendaría o asesoramento?

Si

Carlos Vázquez-Pimentel. CO2 Smart Tech

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

Obtiven un plan de tesourería para controlar e xestionar as miñas
débedas. Facilitáronme unha solución clara, xa que desoñecía
o produto financeiro que mellor se adaptaba ás miñas necesidades.

Recomendaría o asesoramento?

Si

Jessika Ibáñez. Animadora en eventos infantís

Como axuda
Igape Responde aos negocios?

O programa supuxo un salto cualitativo para chegar a novos
públicos. Mellorei a imaxe que ofrezo ao meu alumnado e
dispoño de novas ferramentas para amosar o meu traballo.

Recomendaría o asesoramento?

Si

Ignacio García

NG Entrena e Disfruta Vigo

En Galicia contigo,
seguimos adiante

 

A emerxencia sanitaria provocada pola covid-19 creou un novo escenario para empresas e persoas autónomas no que xurdiron novas necesidades e acentuaronse outras. Neste contexto, Igape ten un obxectivo “que autónomos, comercios e pemes sigan funcionando”.

Igape Responde é o programa de resposta inmediata da Xunta para apoiar, asesorar, acompañar e formar a autónomos, comercios e empresas afectados pola situación da covid-19.

É UN PROGRAMA DE

  • Resposta rápida
  • Atención personalizada
  • Consecución de resultados
  • Fomento da aprendizaxe

Poderán participar, prioritariamente, as pequenas e medianas empresas (Pemes), incluíndo os/as autónomos/as, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.

En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia.

A resposta da Xunta de Galicia articúlase en 3 liñas

Para apoiar autónomos, comercios e empresas

CONSULTA RÁPIDA

Soporte experto

Atención a consultas rápidas sobre dúbidas da xestión nas empresas.

  • Ata 3 h. cun experto temático.

GRATUÍTO

ASESORAMENTO EN LIÑA

Medidas de acción inmediata

Información e formación nos ámbitos de financiamento, negocio, operacións e persoas.

  • 25 horas de asesoramento en 6 semanas, aproximadamente

GRATUÍTO

NOVO RE-ACCIONA

Apoio estratéxico

Servizos de mellora competitiva nos eixos de estratexia, profesionalización, dixitalización e innovación.

  • De 3 a 5 meses de duración

COFINANCIADO

Como se solicita?

Teléfono / correo electrónico ou formulario en liña

Un experto temático porase en contacto contigo para resolver a túa consulta

Formulario en liña

Un consultor acompáñate na implementación da medida elexida

Oficina virtual do Igape

Un axente colaborador executa o servizo de mellora competitiva