ASESORAMENTO EN LIÑA

ÁMBITO NEGOCIO

A pandemia provocada pola covid-19 xerou un impacto económico de importantes consecuencias. Empresas, comercios e autónomos viron afectada a súa actividade. Neste contexto, é preciso actuar e adaptarse para continuar funcionando.

O asesoramento no ámbito de negocio está orientado a apoiar as empresas na adaptación do seu modelo de negocio a nova normalidade e/ou a flexibilización do seu negocio a un contexto volátil.

Como podemos axudarche?

MEDIDA 1
Reorientación do negocio

  • Aproveitamento de capacidades e recursos internos para a fabricación de novas gamas de produtos ou a realización de novos servizos.
  • Establecemento de novos acordos de colaboración comerciais, loxísticos ou operativos para a continuidade do negocio.
  • Identificación de novos segmentos de clientes no novo escenario.
  • Identificación de novas formas de ingresos.
  • Identificación de canles de venta e distribuidores alternativos.
  • Homologación e certificación de produto.

RESULTADOS ESPERADOS

  • Xerar novas fontes de ingresos.

MEDIDA 2
Reconfiguración da oferta comercial

  • Modificación dos servizos actuais para adaptalos ao novo contexto e novo sistema de prezos.
  • Introdución de novos produtos ou servizos que se adapten ás novas necesidades dos nosos clientes e nos permitan acceder a novos clientes.
  • Cambio nas condicións de pago para facilitar o acceso aos produtos e servizos nestas condicións excepcionais.
  • Ampliación das condicións de garantía e complementarias (entregas, devolucións, etc.).

RESULTADOS ESPERADOS

  • Reter clientes e captar novos clientes.

MEDIDA 3
Promoción online

  • Elaboración de contido dixital para a prestación do servizo.
  • Deseño e lanzamento de campañas online de promoción con condicións comerciais novas (descontos, lotes, etc.).
  • Deseño e posta en marcha dunha campaña de retención e fidelización de clientes.
  • Mellora da visibilidade web dedicada a presentar os produtos e servizos da empresa para a situación actual.
  • Reprogramación de contidos e campañas para a adaptación comunicativa á covid-19.
  • Incorporación de produtos a plataformas e-commerce.

RESULTADOS ESPERADOS

  • Captar e fidelizar novos clientes.

Como é o asesoramento en liña?

Asesoramento individualizado en liña (Microsoft Teams)

Un consultor especializado te asesora durante 2 semanas
(2h/día)

Seguimento posterior durante 4 semanas
(1h/semana)

Implantación de medidas prácticas orientado a resultados

Formación e aprendizaxe

Gratuíto