ASESORAMENTO EN LIÑA

ÁMBITO FINANCEIRO

A pandemia provocada pola covid-19 xerou un impacto económico de importantes consecuencias. Empresas, comercios e autónomos viron afectada a súa actividade. Neste contexto, é preciso actuar e adaptarse para continuar funcionando.

Como podemos axudarche?

MEDIDA 1
REPLANIFICACIÓN DE DÉBEDAS COMERCIAIS

  • Asesoramento financeiro a empresa con accións áxiles que xeren liquidez.
  • Desenvolvemento dunha ferramenta operativa de tesourería.
  • Negociación con provedores e acredores.
  • Asesoramento para converter as previsións de ventas e facturación en liquidez.

RESULTADOS ESPERADOS

  • Afrontar a curto prazo débedas.

MEDIDA 2
Planificación das obrigacións fiscais e resto de débedas.

  • Negociación coa AEAT e Facenda para a xestión de aprazamentos.
  • Asesoramento para ampliar a liquidez con accións coa Administración.
  • Formar en uso de ferramentas de control de tesourería fiscal.
  • Presentación de documentación, recursos e alegacións fronte á AEAT.

RESULTADOS ESPERADOS

  • Atender correctamente ós pagos a curto prazo fronte a Axencia Tributaria.

MEDIDA 3
Busca de financiamento e negociación débedas financeiras e avais.

  • Negociación en nome de pemes ou autónomos con bancos para contratar produtos de financiamento.
  • Re-negociación de produtos financeiros da empresa para facer fronte aos pagos da mesma.
  • Negociación e obtención de garantías en representación de pemes ou autónomos ante entidades financeiras e obtención de produtos financeiros.

RESULTADOS ESPERADOS

  • Mellorar a situación financeira da empresa.

MEDIDA 4
Xestión de cobro e liquidez operacións comerciais.

  • Asesoramento especializado para xerar recursos a partir das vendas previstas.
  • Apoio para negociación con clientes fronte a riscos de impago ou premora.
  • Axuda na xestión das negociacións para equilibrar rendibilidade e liquidez.

RESULTADOS ESPERADOS

  • Obter liquidez con acordos comerciais e xestión de riscos financeiros.

Como é o asesoramento en liña?

Asesoramento individualizado en liña (Microsoft Teams)

Un consultor especializado te asesora durante 2 semanas
(2h/día)

Seguimento posterior durante 4 semanas
(1h/semana)

Implantación de medidas prácticas orientado a resultados

Formación e aprendizaxe

Gratuíto