LIÑA 1:- CONSULTA RÁPIDA
- ATENCIÓN DIRECTA
- CONSULTA RÁPIDA
- ATENCIÓN DIRECTA
Dúbidas ou plantexamentos das empresas que poden ser resoltas brevemente por expertos temáticos.
Os expertos temáticos atenderán as túas consultas nos seguintes ámbitos:
ÁMBITO XERAL
Todo o relacionado co impacto da covid-19 no seu negocio, medición, como actuar, reorientar ou reorganizar a súa empresa ou equipos…
Exemplo de consulta
Gustaríanos que alguén nos dese unha visión externa da nosa empresa e ver de mellorar as nosas fortalezas e modificar as nosas debilidades.
O mercado cambiou moito nos últimos meses. Quero coñecer cal será a súa evolución futura, para afrontalo con garantías.
ÁMBITO FINANCEIRO
Todo o relacionado con débedas, obrigacións fiscais, avais, liquidez da empresa…
Exemplo de consulta
Como solicito un crédito ICO?
A miña empresa ten un problema de facturación debido á covid-19 e necesita liquidez. Que tipo de financiamento podería buscar?
ÁMBITO NEGOCIO
Todo o relacionado coa actividade de negocio da empresa.
Exemplo de consulta
En que epígrafe debo rexistrarme para vender produtos?
Que debo facer para solicitar o rexistro sanitario para repartir comida a domicilio?
ÁMBITO OPERACIÓNS
Todo o relacionado coa prestación de productos e servizos en liña ou a producción da empresa.
Exemplo de consulta
Que ferramentas existen para establecer comunicacións con meu equipo de traballo ou para reposición de documentación ou conexión en remoto?
Que aspecto debo ter en contan para montar una plataforma web para vender os meus produtos?
ÁMBITO PERSOAS
Todo o relacionado co equipo de traballo das empresas.
Exemplo de consulta
Como se xestiona o periodo vacacional de persoas en ERTEs?
Podo contratar traballadores tendo aínda traballadores en Erte?
Incumpro a protección de datos se mido a febre dos meus traballadores?
Como se revolven as consultas?
Fai a túa consulta
(Teléfono / Formulario en liña)
O coordinador/a de ámbito ponse en contacto contigo
O coordinador/a ou un experto da resposta a túa consulta
Ao finalizar, podes implantar unha medida de acción inmediata ou solicitar un servizo Re-acciona