Casos reais de autónomos, comercios e empresas que implementaron medidas dentro do programa Igape Responde

Como axudou Igape Responde a estes negocios?

Pode filtrar as experiencias por ámbito:

MEDIDA APLICADA:
REDEFINICIÓN DE NEGOCIO

Raquel Amat | Xerente de Escondite Teens

En que lle axudamos?

Reinventamos a nosa actividade; ante o parón e a falta de confianza provocada pola pandemia conseguimos posicionarnos como un centro seguro.

Recomendarías o servizo?

Si porque me orientaron moi ben, é unha forma de sentirme acompañada e apoiada neste novo contexto.

MEDIDA APLICADA:
PROMOCIÓN EN LIÑA

Ignacio García | Xerente e instructor en NG Entrena e disfruta Vigo

En que lle axudamos?

A través de Igape Responde conseguín darlle un cambio á paxina web, NG Entrena, e estou recibindo asesoramento para potenciar o uso das redes sociais e así poder dar resposta ás necesidades dos meus clientes nestes momentos complicados.

Recomendarías o servizo?

Si porque supuxo un salto cualitativo para chegar a novos públicos, mellorei a imaxe que lle ofrezo aos meus alumnos e dispoño de novas ferramentas para amosar o meu traballo.

MEDIDA APLICADA:
PROMOCIÓN EN LIÑA

Carlos Vázquez – Pimentel | CO2 Smart Tech

En que lle axudamos?
Coñecín, con exemplos reais, ferramentas de marketing dixital e deseño, como canvas ou mailchimp, entre outras; e puiden aplicar os meus coñecementos adquiridos de forma práctica.
Esta aplicación práctica axudoume a mellorar o tráfico á miña web e automaticei procesos que antes facía manualmente. No meu caso, a actividade está relacionada coa industria 4.0, polo tanto é un nicho de mercado moi concreto e xa notei un cambio en sentido positivo.

Recomendarías o servizo?
Dende logo que si. A aprendizaxe que adquirín, sen ningún custe, é moito mellor que o que poida ofrecer un curso en liña sobre estas materias.

MEDIDA APLICADA:
RECONFIGURACIÓN DA OFERTA COMERCIAL

Pamela Cañón | Socia fundadora de Epoltech

En que lle axudamos?
No lanzamento dun novo produto ao mercado. Axudáronnos coa estratexia comercial e de marketing para a nova división da empresa, centrada na fabricación de máscaras hixiénicas e cirúrxicas. Contar coa axuda de expertos na materia permitiunos planificar ben os distintos fitos e etapas do lanzamento, analizando cales eran prioritarias, así como establecer unha estratexia de marketing a longo prazo.

Recomendarías o servizo?
Sen dúbida. O asesoramento provén de persoas expertas nesa área, cun servizo personalizado e adaptado ás circunstancias de cada empresa. A través de reunións periódicas realizan un seguimento moi completo do proxecto. No noso caso, sen dúbida algunha, o servizo foi unha grande axuda.

MEDIDA APLICADA:
PROMOCIÓN EN LIÑA

Isabel Costas | Tres Fuciños

En que lle axudamos?

a darlle un lavado de cara á nosa web, a dinamizar as redes sociais de Tres Fuciños e, polo tanto, a conseguir novos clientes. Grazas a este servizo incorporamos unha nova sección de productos na nosa páxina que está dando bos resultados xa que nos permitiu conseguir 20 novos clientes en tan só un mes.

Recomendarías o servizo?

Por suposto. Estamos moi agradecidos e satisfeitos co traballo realizado, xa que a nosa liña de negocio estaba moi orientada á restauración e viuse afectada. No caso de non ter recibido este apoio, teríamos que agardar a dispoñer de liquidez para mellorar a nosa promoción en liña.

MEDIDA APLICADA:
RECONFIGURACIÓN DA OFERTA COMERCIAL

Javier Pegito | Director Comercial de Sun Aerospace

En que lle axudamos?

En Sun Aerospace queríamos reconfigurar a nosa estratexia comercial, tendo en conta os profundos cambios que está afrontando a industria aeroespacial. Coa axuda do equipo do Igape Responde, redefinimos a oferta comercial, profesionalizamos procedementos internos e adaptamos a nosa comunicación ás novas circunstancias do sector.

Recomendarías o servizo?

Por suposto. Contar con este asesoramento profesional durante varias semanas non só nos permitiu lograr os obxectivos propostos para o programa, senón que tamén supuxo unha aprendizaxe para todos os integrantes de Sun Aerospace que participamos activamente no proxecto.

MEDIDAS APLICADAS:
PROMOCIÓN EN LIÑA E RECONFIGURACIÓN DA OFERTA COMERCIAL

Ani Ulloa | Directora IWorks

En que lle axudamos?

A analizar a nosa presenza na internet e, polo tanto, a tomar mellores decisións. Comprobamos se a nosa web se adaptada a tódolos dispositivos, a elixir en que redes sociais estar, a averiguar se os clientes nos están atopando facilmente. En definitiva, aprendimos que logrando unha boa visibilidade en liña, podemos aumentar o noso beneficio e atraer novos clientes.

Recomendarías o servizo?

Por suposto. Facilitáronnos unha visión externa, amosáronnos ferramentas que estamos comezando a aplicar para adaptar a nosa estratexia comercial. Fixéronnos reflexionar para comprender mellor aos posibles clientes, as súas necesidades, características e sectores. Ademais, axustamos a nosa proposta de valor á realidade da covid-19 con accións concretas e medibles.

MEDIDA APLICADA:
RECONFIGURACIÓN DA OFERTA COMERCIAL

José Boado | Planeta Máxico

En que lle axudamos?

A axuda recibida permitiunos xestionar os nosos recursos de forma máis obxectiva e reorganizar o apartado económico. Melloramos a oferta aos nosos clientes e, sobre todo, aprendimos a valorar a importancia da comunicación e o contacto con eles. Axudáronnos a entender esta nova realidade e estar preparados ante eventualidades que surxan e concebir plans de actuación. Obtivemos respostas sobre varios aspectos da actividade: económicas, laborais, institucionais…

Recomendarías o servizo?

Foi unha sorpresa positiva para nós, e serviunos para profesionalizar máis algúns aspectos do noso negocio.  O servizo é moi recomendable para aqueles que busquen novos puntos de vista para facer medrar a súa creatividade.

MEDIDA APLICADA:
PROMOCIÓN EN LIÑA 

Sabela Suárez | Lecer infantil Trasnos

En que lle axudamos?

Recibimos apoio para empregar mellor as redes sociais e a páxina web. A través deste programa descubrimos pequenos trucos que nos están axilizando moito o traballo, como por exemplo, empregar menos textos nas nosas publicacións e máis imaxes. Tamén comezamos a traballar con ferramentas como canvas e facilitáronnos formatos á hora de elaborar carteis.

Recomendarías o servizo?

Si porque ademais da aprendizaxe, o trato que recibimos por parte do equipo é inigualable.

MEDIDA APLICADA:
RECONFIGURACIÓN DA OFERTA COMERCIAL

Rubén Fernández | Autónomo sector enerxético

En que lle axudamos?

A crear unha listaxe de posibles clientes. A través deste servizo, facilitáronme contactos de empresas susceptibles de recibir os meus servizos.

Recomendarías o servizo?

Si porque enfocaron a miña estratexia comercial para os próximos meses e puiden aforrar tempo durante o proceso.

MEDIDA APLICADA:
REDIFINICIÓN DO NEGOCIO

Margarita Murillo | Galicia Protocolo

En que lle axudamos?

O meu negocio ía mal, á deriva, sen saber como chegar aos clientes. Coa axuda do Igape Responde conseguín facer cambios en todas as áreas da miña empresa, moitos destes cambios nin se me pasaran antes pola cabeza, foron xurdindo co avance das sesións, tendo sempre claro que o obxectivo principal é chegar mellor aos meus clientes. Sen dúbida, reforcei a miña seguridade á fronte da empresa.

Recomendarías o servizo?

Si, sen dúbida. Estou moi satisfeita e agradecida. Recoméndollo a calquera empresa porque os profesionais que aporta o Igape son extraordinarios. Ademais, a claridade que obtiven con este programa non se compara con ningunha outra axuda que recibira anteriormente.

MEDIDA APLICADA:
PROMOCIÓN EN LIÑA

Isabel Pernas | Creativas Galegas

En que lle axudamos?

A axuda que recibimos a través do Igape Responde foi moi importante para o noso proxecto, xa que nos ofreceron asesoramento para a creación da plataforma de venda en liña. Neste eido recibimos apoio relacionado coa comunicación do marketplace e tamén con todo o relacionado coa parte técnica.

Recomendarías o servizo?
Por suposto que si. Saber que podes contar con asesoramento de confianza nas distintas barreiras coas que nos atopamos os emprendedores e emprendedoras é imprescindible para que un proxecto se consolide no mercado. É un programa totalmente recomendable e necesario.

MEDIDA APLICADA:
REPLANIFICACIÓN DE DÉBEDAS COMERCIAIS

Jessika Ibáñez | Animadora en eventos infantís

En que lle axudamos?

Buscaba un asesoramento para planificar a miña xestión financeira a curto prazo. Tiña varias débedas e a través do Igape Responde realizaron un estudio, analizaron os meus ingresos; posteriormente indicáronme que préstamo debía solicitar para obter liquidez e tamén como proceder.

Recomendarías o servizo?

Si porque obtiven un plan de tesourería para controlar e xestionar as miñas débedas. Este programa facilitoume unha solución clara, xa que descoñecía o produto financeiro que mellor se adaptaba ás miñas necesidades.

MEDIDA APLICADA:
PLANIFICACIÓN DAS OBRIGACIÓNS FISCAIS E RESTO DE DÉBEDAS

Angeles Galdo | Hotel Val do Naseiro

En que lle axudamos?

Resolvéronme un problema que arrastraba dende hai máis de 5 anos: no Banco de España constaba unha débeda de máis dun millón de euros pola nosa parte, debido a un erro dos meus xestores daquel momento. O equipo do Igape Responde cotexou en que situación estaban as nosas contas anuais no Rexistro Mercantil e analizaron as diferentes fórmulas posibles para mellorar a nosa solvencia. En definitiva, realizaron os trámites precisos para porlle solución a unha débeda que non era real, que me avergonzaba e que limitaba o desenvolvemento do meu negocio.

Recomendarías o servizo?

Por suposto. Tiña un problema moi serio, xa que non podía dar resposta ás miñas necesidades de liquidez nin de investimento. Cada vez que queríamos solicitar un préstamo atopábame con esta limitación, xa que me denegaban os cartos. Polo tanto, impedíame facer melloras nas instalacións do Hotel. Agradezo moito a amabilidade e agarimo do equipo que me atendeu e animo á xente a solicitar este servizo.

MEDIDA APLICADA:
PLANIFICACIÓN DAS OBRIGACIÓNS FISCAIS 

Feliciano Valcárcel | Xerente Asociación San Xerome Emiliani

En que lle axudamos?
A nosa Asociación precisaba asesoramento para xestionar a doazón dun edificio que destinaremos a construír Fogares inclusivos para persoas con diversidade intelectual. O equipo do Igape Responde analizou en detalle toda a documentación, revisou a escritura de doazón e estudiou pormenorizadamente todas as posibles cargas e exencións fiscais, tanto para nós como para as doantes.
Recomendarías o servizo?
Claro, estamos felices co resultado final. Recibimos o apoio duns verdadeiros profesionais. É un servizo moi especializado e riguroso que recomendamos a calquera empresa ou entidade de Galicia.

MEDIDA APLICADA:
REPLANIFICACIÓN DE DÉBEDAS COMERCIAIS

Sonia Rial | Organizadora de eventos

En que lle axudamos?
No meu caso estaba moi perdida en todo o relacionado coas finanzas. A través do programa estou preparando unha ferramenta de control financeiro e, polo tanto, poder afrontar mellor as débedas do meu negocio a curto prazo.
Recomendarías o servizo?

Claro que si. Ao estar centrada no día a día da actividade, é fácil descoidar outros aspectos do negocio.

MEDIDA APLICADA:
BUSCA DE FINANCIAMENTO

José A. Vidal | Aurea 5

En que lle axudamos?

Accedín á información das alternativas do Igape cando estábamos en pleno proceso de expansión internacional e a irrupción da pandemia paralizou a nosa actividade presencial. Acceder ao Igape Responde nun momento como este é ter un excelente soporte de consultoría para poder participar en todas as convocatorias que podemos polo carácter internacional e dixital da nosa actividade. Foi clave para garantir a viabilidade da empresa nun momento tan complicado como este.

Recomendarías o servizo?
Recomendoo cos ollos pechados e o certo é que arrepíntome de ter esperado a un momento de pandemia como o que estamos vivindo para valorar e traballar todas as convocatorias que dende o Igape se presentan para emprendedores, independentemente do seu tamaño, pero cun marcado carácter de innovación, dixitalización e internacionalización, como é o noso caso.

MEDIDA APLICADA:
BUSCA DE FINANCIAMENTO

Roy Altuve | Altuve Galiven S.L.

En que lle axudamos?
Igape Responde axudoume a avanzar no modelo do meu plan de empresa, ademais a través do programa resolvín moitas dúbidas relacionadas cos custes variables e con toda a parte de números. Creo que vai ser o empurrón definitivo ao meu negocio.
Recomendarías o servizo?

Claro. Agora teño a esperanza de poder desenvolver a idea con moita máis rapidez do previsto inicialmente.

MEDIDA APLICADA:
RETENCIÓN DE EQUIPOS E MOTIVACIÓN 

Carmen Gila  | Dpto. RRHH – Organización e Xestión do Talento

En que lle axudamos?

No Grupo Firmatel temos claro que a clave do éxito dos equipos está baseado nas relacións entre os seus membros. Queriamos crear un equipo sólido e sostible no tempo, pero non sabiamos como enfocarnos para este fin. Este programa axudounos a traballar o autocoñecemento e lograr unha alianza de equipos.

Recomendarías o servizo?

Por suposto, grazas a este programa puidemos descubrir cal é a situación na que nos atopamos como equipo, para iso, puxeron á nosa disposición unha gran profesional que nos permitiu descubrir cales son as nosas fortalezas e debilidades para poñer en marcha un Plan de Acción e comprobar se estamos no bo camiño, segundo o noso Plan Estratéxico.

MEDIDA APLICADA:
FORTALECEMENTO DE COMPETENCIAS PARA UN NOVO ESCENARIO

Mariví Iglesias | Consultora en finanzas

En que lle axudamos?

A través do asesoramento do Igape Responde no ámbito de Persoas, axudáronme a ver o traballo que fago dende outra perspectiva para poder sacarlle unha maior rendabilidade ao tempo e ás accións directas cos meus clientes.

Recomendarías o servizo?

Si que o recomendaría porque a situación cambiou e as empresas temos que cambiar tamén. Está claro que xa non podemos facer as cousas totalmente igual que as facíamos antes da pandemia. E é moi importante que alguén che enseñe para poder aprender e avanzar.

MEDIDA APLICADA:
RETENCIÓN DE EQUIPOS E MOTIVACIÓN 

Begoña Candal  | Candal Tours Travel Company

En que lle axudamos?

A apostar firmemente polo mantemento do noso negocio, a pesar dos meses duros que vivimos trala obriga de ter que cancelar máis dun cento de viaxes, moitas delas lúas de mel. Igape Rsponde logrou motivar ao personal da axencia e tamén aos nosos clientes a través da posta en marcha dunha campaña novidosa e sentimental, que tamén mellorou a visibilidade da nosa axencia en redes sociais.

Recomendarías o servizo?

Claro que si. Animáronnos a seguir loitando, a manter a ilusión.

Fernando Martínez | O Castro Work

En que lle axudamos?

A ser consciente do problema que teño, cunha visión externa. A análise individual sempre é sesgada. Axudáronme a reflexionar sobre o plan de negocio, o mercado… En definitiva,  a sistematizar o meu pensamento e ter unha visión crítica. É o punto de partida para poder implementar os cambios que preciso. 

 Recomendarías o servizo?

 Claro. As empresas pequenas non temos acceso a servizos de valor engadido. Iniciativas coma esta facilitan unha visión da administración como garante e facilitador de recursos que para nós son esenciais. A situación que vivimos, provocada pola pandemia, agrava aínda máis a xa por si difícil competitividade de empresas pequenas, como a miña. Aquí ofrecen ferramentas que, doutro xeito serían inaccesibles para nós polo elevado custe.

MEDIDA APLICADA:
RETENCIÓN DE EQUIPOS E MOTIVACIÓN 

Mónica López  | Dpto. de contabilidade

En que lle axudamos?

Solucionei un dos maiores obxectivos como xerente dunha empresa do sector siderometal: incentivar ao persoal para reducir gastos innecesarios derivados da falta de implicación. A través do Igape Responde e dun gran coach, logrei dar coa clave e incentivar aos meus traballadores para que sintan a empesa como súa, que a empresa é un equipo e todos debemos ir no mesmo sentido para que poidamos dar o servizo que pretendemos e ao tempo, que o cadro de persoal se sinta valorado.

Recomendarías o servizo?

Por suposto que o recomendo. En concreto, a medida que solicitei creo que é importantísima para todas as empresas. Considero que o obxectivo de calquera responsable de RRHH non é tan só fichar e contratar bos profesionais, senón tamén crear na empresa o ambiente óptimo para reter ao talento e crear motivacións.

Ana Fdez. Valado  | Economista experta en Comunicación e Imaxe

En que lle axudamos?

Con Igape Responde estou ampliando as miñas perspectivas profesionais e preparándome para novos escenarios. A través de sesións de coaching conseguín mirar cara adentro, analizar as miñas habilidades, reflexionar de maneira guiada e proxectar esas melloras ao exterior. 

Recomendarías o servizo?

Por suposto, de feito, xa o estou recomendando. Ás veces necesitas que alguén che diga o que es capaz de facer para sacar o mellor de ti e, para iso, Igape Responde é perfecto.

MEDIDA APLICADA:
RETENCIÓN DE EQUIPOS E MOTIVACIÓN 

Mª José Nóvoa  | Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña

En que lle axudamos?

Melloramos as competencias interpersoais. No noso caso, creáronse novos mandos intermedios e, polo tanto, un novo organigrama cun liderato máis compartido. Os novos cargos potenciaron a  comunicación e a delegación  dende o máximo respeto e adquiriron maior seguridade. Para a Asociación é fundamental a implicación de cada membro do equipo, grazas a este programa fixéronse fluxogramas que teñen grande impacto na mellora da calidade dos servizos, así como na xestión dos diferentes equipos, a través de novas ferramentas e estratexias para afrontar a nova situación estratéxica.

Recomendarías o servizo?

Por suposto que si, é preciso saber adaptarse aos tempos tan cambiantes que vivimos e, dende logo, é un plus para as entidades que nos beneficiamos de Igape Responde, servizos á disposición de todas as empresas e entidades galegas, de forma gratuíta. A través de persoal moi cualificado recibes acompañamento no proceso que desexes, de forma individualizada e de calidade.

MEDIDA APLICADA:
PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN LIÑA

Luis Gallego | Vendedor de roupa

En que lle axudamos?
No meu caso, vendo roupa nos mercadillos que se celebran en diferentes concellos. Ante a imposibilidade de realizar este tipo de eventos, a axuda de Igape Responde ofreceume asesoramento para definir unha estratexia de venda na internet e deste xeito, poder chegar ao público a través das redes sociais e da páxina web. Tamén realizaron o deseño dun folleto para poder distribuir entre os meus clientes.
Recomendarías o servizo?

Si, o servizo está moi ben. Esta axuda externa e sen ningún custe confío en que sirva para manter o mercadillo a través da rede.

MEDIDA APLICADA:
PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN LIÑA

Mª Raquel González | Monitora de fusión de baile e outras técnicas de movemento

En que lle axudamos?

Estou adquirindo novos coñecementos para poder proseguir coa miña actividade de xeito virtual.

Recomendarías o servizo?

Si porque aprendín moito, xa que descoñecía como usar os video-titoriais como ferramentas de traballo. Agora teño unha nova motivación. Ademais o método de traballo é moi bo.

SOPORTE EXPERTO:
CONSULTA RÁPIDA

Fermín González | Profesor clases particulares

En que lle axudamos?
Solicitei información sobre plataformas de formación en liña para ofrecer os meus cursos a distancia e facilitáronme diferentes opcións, como por exemplo Moddle; polo tanto o programa vaime axudar a ampliar as miñas expectativas de traballo a outros puntos de Galicia.
Recomendarías o servizo?
Por suposto. Ofrecéronme a información que eu solicitei; dispoño de pouco tempo polo que é de agradecer a concisión. A miña experiencia foi moi boa e ábreme novas oportunidades.

SOPORTE EXPERTO:
CONSULTA RÁPIDA

Luisa Iglesias | Editorial Chan da Pólvora

En que lle axudamos?

Temos unha web con tenda e, logo dunha actualización, o sistema de pagamento por medio de Paypal deixou de funcionar correctamente. Atopei a información do Igape Responde, contactei, e rapidamente me chamaron para resolver o problema.

Recomendarías o servizo?

Claro que si, por varios motivos. Primeiro porque me deron unha solución rápida. Segundo, porque o equipo que me atendeu fíxoo con moitísima amabilidade, interesáronse polos meus problemas e inseguridades no negocio, explicáronme clara e sinxelamente como podería resolver cada un deles, e animáronme a arranxalos. Quedei moi satisfeita, proba diso é que vou solicitar asesoramento noutros ámbitos do programa.

MEDIDA APLICADA:
REORGANIZACIÓN OPERATIVA

Nadir Fernández | Dpto. tecnoloxía de Ecoplas

En que lle axudamos?
Conseguimos avanzar no proceso de dixitalización a través do desenvolvemento dun cadro de mandos, unha ferramenta de xestión empresarial que nos vai permitir acceder á nosa información dun xeito moito máis áxil  e cómodo. En definitiva, imos aforrar tempos e visualizar os procesos da empresa, xa sexan ordes, máquinas, etc… en tempo real.
Recomendarías o servizo?
Si porque para nós resultou moi positivo. Axudáronnos a realizar a transición a un sistema de traballo máis actual e a mellorar a nosa eficiencia. Ademais o equipo do programa está sempre disposto a axudar.