Solicita! Apoios da Xunta de Galicia dispoñibles
Ámbitos das axudas
FINANCIAMENTO
INTERNACIONALIZACIÓN
COMPETITIVIDADE
ADAPTACIÓN AO NOVO CONTEXTO ECONÓMICO
EMPREGO
DIXITALIZACIÓN
AUTÓNOMOS
Mellorando a capacitación dos equipos
e mellorando a competitividade da empresa galega

+1.200
Usuarios atendidos

+1.200
Solicitudes recibidas

332
Medidas de acción inmediata implantadas

96%
Experiencias Igape Responde
Casos reais de autónomos, comercios e empresas que implementaron
unha medida de acción inmediata do programa Igape Responde

FINANCEIRO
Angeles Galdo | Hotel Val do Naseiro
En que lle axudamos?
Resolvéronme un problema que arrastraba dende hai máis de 5 anos: no Banco de España constaba unha débeda de máis dun millón de euros pola nosa parte, debido a un erro dos meus xestores daquel momento. O equipo do Igape Responde cotexou en que situación estaban as nosas contas anuais no Rexistro Mercantil e analizaron as diferentes fórmulas posibles para mellorar a nosa solvencia. En definitiva, realizaron os trámites precisos para porlle solución a unha débeda que non era real, que me avergonzaba e que limitaba o desenvolvemento do meu negocio.

NEGOCIO
Isabel Pernas | Creativas Galegas
En que lle axudamos?
A axuda que recibimos a través do Igape Responde foi moi importante para o noso proxecto, xa que nos ofreceron asesoramento para a creación da plataforma de venda en liña. Neste eido recibimos apoio relacionado coa comunicación do marketplace e tamén con todo o relacionado coa parte técnica.

OPERACIÓNS
Nadir Fernández | Dpto. tecnoloxía de Ecoplas
En que lle axudamos?

PERSOAS
Begoña Candal | Candal Tours Travel Company
En que lle axudamos?
A apostar firmemente polo mantemento do noso negocio, a pesar dos meses duros que vivimos trala obriga de ter que cancelar máis dun cento de viaxes, moitas delas lúas de mel. Igape Rsponde logrou motivar ao personal da axencia e tamén aos nosos clientes a través da posta en marcha dunha campaña novidosa e sentimental, que tamén mellorou a visibilidade da nosa axencia en redes sociais.
Canle de información de Igape Responde
Subscríbete xa